Festa cubana en Vigo para recordar Moncada e as razóns da Revolución

Rosa Bentraces – Terra Sen Amos

A beiramar urbana de Vigo recordou Moncada e Carlos Manuel de Céspedes e o peirao galego que nos dias altos da emigración americana recibira nome de Vieiro Cubano, vestiuse de Malecòn coral para acompañar os acordes de Tino Vaz e seguir a panorámica cubana na política internacional contemporánea, na voz do profesor Xacinto Barreiro, coma unha idea que nacida nun lugar pequeno e realizada sen recursos por mans traballadoras, produce medo a colonialistas novos e vellos, ricos en armas. A certeza de Fidel cando asegurou que Moncada abria a porta da Revolución que queiras que non, asomou no acento de Angel Torres, Cónsul de Cuba. A presidenta da “Francisco Villamil, Erea del Rio, levou conta precisa do programa e Luisa Cuevas, da directiva da CESC, presentou o libro Cuba, verdades y mentiras: argumentario urgente contra la desinformación diaria. Entre o público, cargos do BNG, Asemblea Republicana, CIG, En Marea, Esquerda Unida, PCPG, PCPE e AGABO e a representación consular da República Bolivariana de Venezuela.

Palabras de Xacinto Barreiro no Vieiro Galego-Cubano, á sombra de José Martí.

Barreiro recorda o reparto de uniformes de entroido no medio da festa de máscaras de Oriente e a esperanza táctica de Fidel no importante botin de armas  dos cuarteis, que poderia asegurar o control de Santiago de Cuba. Hoxe, unha parte do Moncada é museu militar e a outra, escola como seña e modelo da Revolución cubana e símbolo da revolución pedagóxica nun pais no que a metade da poboación infantil non pisaba escola no 58 do século pasado e apenas dous anos despois era declara pola UNESCO territorio libre de analfabetismo. “Por iso é un pais temido e bloqueado porque é un pais culto, informado, o que significa un perigo para os imperialistas. Fidel identificába en 1868, na liberación de escravos imposta ao sistema colonial por Carlos Manuel de Céspedes, o paso primeiro da Revolución, nunha provincia como Guantánamo que hoxe ten unha cadea que mais ben é un campo de concentración coma os que inzara o III Reich por Europa.”

Repara Barreiro nunha premonición de Blas de Otero, nos 40, sobre o imperialismo: Ojo, Estados Unidos sale de espadas para defender el oro. Nacendo Blas de Otero, marzo de 1916, Wladimir IIich Ulianov,  publicaba un libro titulado cunha aseveración O Imperialismo fase superior do capitalismo, escrito “cos recursos de Esopo para canear a censura zarista, sabemos nós ben o que é escreber entre liñas. A Segunda Guerra Mundial imperialista, presentada coma ofensiva contra o nazismo, foi sobre todo unha guerra contra o Comunismo como pode verse na arrasada URSS con 27 millóns de mortos e o estrago de industrias e agricultura, en contraste co ben librada que aaparece EUA”.

Distingue Barreiro tres etapas dende fin da IIGM: a Guerra Fria de cerco a URSS, que chega até o 91; o malbarate da norma capitalista depois desa data, coa globalizacion, o pensamento único e a irrupción dun mundo multipolar no que se impón o capital de China, e aparece a contención militar rusa en defensa dos paises emerxentes; o capital en crise aumenta a súa agresividade, como estamos a ver nas agresións a Cuba e Venezuela. Como admitir a abordaxe en navegación libre dun barco que leva subministro a Cuba e Venezuela? O capitalismo é máis agresivo porque está  en crise”.

Para entender a situación de Latinoamérica hoxe, recomenda  Barreiro remontarse á Doutrina Monroe, de 1923, coa reserva de feito do continente coma eido dos EUA. A cifra do secuestro imperial de Latinoamérica dictado dende o Norte, está no poema de Pablo Neruda United Fruit Company, parte do Canto  General. “Cuando sonó la trompeta/ y estuvo todo preparado en la tierra/ y Jehová repartió el mundo/ a Coca-Cola, Anaconda, Ford Motor  Company y otras entidades/ la compañía frutera se reservó / lo más jugoso: la costa central de mi tierra/ la dulce cintura de América/ bautizó de nuevo sus tierras/ como repúblicas y bananas / y sobre los muertos dormidos/ sobre los héroes inquietos/ que conquistaron la libertad y la grandeza y las banderas/ estableció la ópera bufa/ enajenó los valderríos/ regaló coronas de fresa, desenvainó la envidia/ atrajo la dictadura de las moscas/ moscas Trujillo, moscas Tacho, Carías, Martinez/ moscas húmedas de sangre humilde y mermelada/ moscas borrachas que zumban sobre las tumbas populares/ moscas de circo /sabias moscas entendidas en tiranías/ y entre las moscas sanguinarias la Frutera desembarca/ arrasando el café y el azúcar/ en sus barcos se deslizaron como bandejas /el tesoro de nuestras tierras sumergidas/ por los abismos azucarados de los puertos/ caian indios sepultados en el vapor de la mañana”.

O imperialismo en América é unha historia de dictadores e tiranos. “Ha quedado un olor entre los cañaverales/ una mezcla de sangre y cuerpo/ un penetrante pétalo nauseabundo” Son os tres primeiros versos dun poema que Neruda titulou “Los Dictadores” . Que pais non tivo dictadores en América, pregunta Xacinto Barreiro? Cantos xenocidios se cometeron e se seguen a cometer en América? Cantos golpes? Cita ao presidente de Cuba Diaz-Canel que de apouco recordaba que os obxectivos do imperialismos son decote os mesmos e só cambian os métodos. Pois non lles queren reclamar agora a Cuba as terras da Reforma Agraria?

O resumo frio do que os medios do capital adoitan chamar problema de Cuba, pode contarse en poucas palabras: “Consiste en que Cuba fica a 90 millas do imperialismo máis canalla da historia da humanidade: eis a razón de que dende os comezos estableceran o cerco millitar da illa, e ainda máis cando declarou o carácter socialista da Revolución: bloqueo, atentados, sabotaxes, pestes contra as colleitas, virus contra a poboación. Violencia e medo do imperialismo, que sabe que sen Bloqueo o pobo de Cuba pode  resolver seus problemas con toda certeza e viver en paz, do mesmo xeito que Venezuela safaria sen nengún problema sen a agresión imperial. Reparen que Cuba sitiada é quen de por a punto unha vacina contra o cancro de pulmón, que os norteamericanos adquiren clandestinamente para burlaren o seu proprio Bloqueo; que Cuba cercada ten ensino integral de calidade para todas as idades. Coido que é o momento de sermos máis solidarios ca nunca con Cuba e Venezuela. Patria ou morte, venceremos!”.

Angel Torres, consul de Cuba, transladou á audiencia a celebración en toda Cuba do 66 aniversario do Moncada, unha efeméride que replicaba entre a solidariedade do mundo enteiro. Recordou a certeza transmitida por Fidel aos homes e mulleres que segundos depois asaltarian os cuarteis de Moncada e Bayamo, de que a ocupación dos dous enclaves poderia cumprir ou non as metas trazadas, mais que, de todos xeitos, a rebeldia xa tiña a solidariedade de toda Cuba e polo tanto triunfara. “As palabras de  Fidel teñen total vixencia no de hoxe: o pasado 23 de febreiro, a Nova Constitución  da República de Cuba foi aprobada co 86, 85 por cento dos votos que representan o appoio do pobo a construción dun sistema socialista próspero e sustentábel”.

O coro internacionalista aplaude os acordes e a emoción de Tino Vaz

Refire Torres o conseguido pola Revolución en sesenta anos: “Pésia o criminal Bloqueo que atranca o desenvolvemento do pais con danos importantes, o que con seguridade pode cualificarse como xenocidio e violación do dereito internaacional. Só entre marzo de 2018 e abril do ano que andamos, os quebrantos causados ascenden a 4.443 millóns de dólares. Dende 1992, o mundo é un clamor contra o Bloqueo mentres a actual administración imperial resolve pechar un anaco máis a boca do garrote mediante a aplicación do título III da chamada lei Helms- Burton. Mais fronte o bloqueo e os atrancos alzados o pobo de Cuba saberá superar o desafio. Un exemplo é o de Cuba ter eliminada a desnutrición infantil, caso único en toda Latinoamérica. O presidente de Cuba, hoxe na provincia de Granma, anunciou novas medidas recomendadas polo pobo, que deben sumarse ao aumento salarial acordado de a pouco”.

Angel Torres trouxo para remate da súa intervención unha cita de Martí no periódico Patria: “quen hoxe ergue con Cuba, ergue para todos os  tempos”.

Tino Vaz ocupou un final de programa no que interviu o público como coro para retrousos de Manuel María, Cabanillas e aires populares do proprio cantautor, que recibiu aplausos e aturuxos tanto do aforo militante so o teito enramado das Avenidas, como de persoas atraidas pola música e os relatos abertos sobre a Revolución Cubana e a maldición vixente do imperialismo que, como relatara Luisa Cuevas na súa presentación de Cuba, verdades e Mentiras, son razóns censuradas nos media secuestrados polos intereses do capital que cando se escoitan en liberdade son benvidas pola vontade soberana do público.

APRENDENDO DO MONCADA

Para probar que a volta de calendario do 26 segue a sementar versos en todo o mundo, tantos alomenos e moito máis poderosos e duradoiros ca as malafadas do Pentágono, Manolo Pipas remitiu este retrouso que recorda o Moncada nas Avenidas, so o título Aprendendo do Moncada

xunto a estatua de martí
nós lembramos o moncada
apoiamos e aprendemos
desta illa mal bloqueada

o moncada e bayamo
cuarteis que non cairon
mais pasos pra revolución
agora son centros de ensino

ensinanzas da historia
a revolución cubana
o bloqueo dos yanquis
perdendo esta outra batalla

ai moncadistas martianos
moncada baixo o turquino
graciñas compas barbudos
e unha aperta a pedro trigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *