Fidel Castro é o arquitecto da soberanía nacional de Cuba

Salim Lamrani, Al Mayadeen 30.03.15
(Traducido ao Galego pola redacción de TSA)

Salim Lamrani recorda neste artigo que o líder revolucionario realizou o soño de independencia do Apóstol e Heroe Nacional José Martí, e devolveu a dignidade ao pobo.

O triunfo da Revolución en Cuba, 1 de xaneiro de 1959, produciu a máis importante transformación social da historia de América Latina. Derrocando a orde establecida e as súas estruturas, Fidel Castro puxo en cuestión o poder da oligarquía batistiana e dos grupos económico e situou ao pobo no centro do novo proxecto de sociedade ao que consagrar os recursos nacionais.

A a independencia e a soberanía tan cobizadas polo pobo cubano dende o século XIX, foi a conquista sobranceira da Revolución cubana. Por este obxectivo entregara José Martí a súa vida en 1895. Dando remate a máis de 70 anos de dominio dos Estados Unidos sobre a Illa, Fidel Castro restituiu aos cubanos a súa dignidade furtada pola intervención estadounidense na guerra de independencia de Cuba en 1898 e a ocupación militar que transformara á Illa nun simple protectorado. Non se trabucaba o presidente John F. Kennedy: “Fidel Castro forma parte do legado de Bolívar. Deberiamos dar ao afoutado mozo rebelde unha benvida máis intensa na súa hora de triunfo”[1].

fcrPara entender a importancia simbólica de Fidel Castro na historia de Cuba, compre regresar aos principios do século XIX, no momento en que a illa comezou a suscitar as apetencias do “vecino pujante y ambicioso”.[2] Cuba é, de feito, unha das máis persistentes inquedanzas da política exterior de Estados Unidos. En 1805 Thomas Jefferson evocara a importancia da illa ao suliñar que a súa “posesión [era] necesaria para asegurar a defensa da Luisiana e da Florida pois [era] a chave do Golfo de México. Para Estados Unidos, a conquista sería fácil”.[3] En 1823 John Quincy Adams, entón secretario de Estado e futuro presidente de Estados Unidos, aludiu ao tema da anexión de Cuba, elaborando a famosa teoría da “froita madura”: “Cuba, separada pola forza da súa propia conexión desnaturalizada con España, e incapaz de sosterse por ela mesma, terá necesariamente que gravitar en torno á Unión Norteamericana e só a ela”. [4] Así, durante o século XIX, Estados Unidos tentou comprar Cuba a España polo menos seis veces.

Durante a Primeira Guerra de Independencia, de 1868 a 1878, os insurrectos cubanos, aquelados por profundas divisións internas, foron derrotados polo exército español. Estados Unidos brindou o seu apoio a España vendéndolle as armas máis modernas e opúxose resueltamente aos independentistas, perseguindo aos exilados cubanos que intentaban brindar a súa contribución á loita armada[5]. O 29 de outubro de 1872,  Hamilton Fish, secretario de Estado fixo partícipe a Daniel Edgar Sickles, daquela embaixador estadounidense en Madrid, dos seus “agoiros de éxito para España na supresión da revolta”. Washington, oposto á independencia de Cuba, desexaba tomar posesión da Illa.[6]

Durante a Segunda Guerra de Independencia entre 1895 e 1898, os revolucionarios cubanos, unidos en torno ao seu líder José Martí, aturaron de novo a hostilidade de Estados Unidos, que brindou o seu concurso a España vendéndolle armas e arrestando aos patriotas cubanos que dende o territorio do norte procuraban valer aos insurrectos.

En 1898, malia a súa superioridade material, España estaba a beira da desfeita, vencida no campo de batalla polos independentistas cubanos. Nunha misiva do presidente estadounidense William McKinley, con data do 9 de marzo de 1898, a Stewart Woodford, embaixador en Madrid, sinaloulle que “a derrota” de España era “segura”. “[Os españois] saben que Cuba está perdida”. Segundo el, “Se Estados Unidos quere Cuba, debe obtela pola conquista”. [7]

En abril de 1898, trala misteriosa explosión do buque de guerra estadounidense The Maine na bahía da Habana, o Presidente McKinley solicitou permiso do Congreso para intervir militarmente en Cuba e impedir que a illa conseguise a súa independencia. Varios parlamentarios estadounidenses denunciaron unha guerra de conquista. John W. Daniel, senador demócrata de Virginia, acusou ao Goberno de querer intervir para evitar unha derrota dos españois: “Cando chegou a hora máis favorábel para unha vitoria revolucionaria e menos ventajosa para España, [“] asígnase ao Congreso a que entregue ao presidente o exército de Estados Unidos para ir impoñer pola forza un armisticio entre dous partes, cando unha de dúas xa depuxo as armas”.[8] Así, en tres meses, Estados Unidos tomou o control do país e impuxo un Tratado de Paz a España, do cal os cubanos foron excluídos en desafío ao seu degoiro de  independencia.

De 1898 a 1902, Washington ocupou Cuba e obrigou á Asemblea Constituinte a incluir a enmenda Platt na nova Carta Magna, so pena de prorrogar indefinidamente a ocupación militar. O texto, redactado polo senador Orville H. Platt, prohibía a Cuba asinar calquera acordo cun terceiro país ou que contraise  débeda con outra nación. Tamén daba a Estados Unidos dereito a intervir en todo momento nos asuntos internos de Cuba e compelía á illa a arrendar indefinidamente a Washington a base naval de Guantánamo [9]. Nun correo de 1901, o xeneral Leonard Wood, entón gobernador militar de Cuba, felicitou ao Presidente McKinley: “Desde logo, baixo a enmenda Platt, non hai independencia, ou case nada, para Cuba e a única cousa que resulta importante agora é buscar a anexión”.[10]

De 1902 a 1958, Cuba tiña o estatus de República neo-colonial, totalmente dependente do poderoso veciño. Unha editora estadounidense non se trabucou cando difundiu en 1902 un mapa da illa baixo o título: “A nosa nova colonia: Cuba”.[11] O Tratado de Reciprocidade Comercial imposto a Cuba en 1902 constituíu de facto unha anexión económica.[12]

Estados Unidos interveu militarmente en Cuba en 1906 e instalou ao gobernador Charles E. Mangoon ata 1909, recordando aos cubanos quen era o verdadeiro dono da illa.[13] En 1912, Washington inmisciuse outra vez nos asuntos internos de Cuba e mandou ás súas forzas armadas, trala revolta dos Veteranos de Cor, independentistas apartados do poder. Hugh S. Gibson, encargado de negocios estadounidense, explicou as razóns desa revolta: “Os cubanos que tomaron as armas pola causa española [“] ocupan agora os cargos públicos”.[14] Estados Unidos tomara de seu a cautela -lembraba Gibson- de colocar en postos claves a “quen tomaran as armas contra a causa da independencia cubana”.[15]

A enmenda Platt, que legalizaba o intervencionismo estadounidense, situaba ao goberno cubano nunha situación “de inferioridad humillante, mediante un desprezo dos seus dereitos nacionais, causando o seu desprestixio no interior e o exterior do país”.[16] Tales foron as palabras do presidente cubano José Miguel Gómez. Este apéndice lexislativo non deixaba de recordar ao pobo cubano que o destino da súa patria subordinábase aos intereses da potencia neo-colonial. Así, en 1917, o presidente Woodrow Wilson mandou varios buques de guerra a Santiago de Cuba e Camagüey, cando un fato de insurrectos tomara as armas, baixo o liderado de José Miguel Gómez, contra o presidente Manuel García Menocal, que buscaba manterse no poder mediante un pucheirazo.[17]

Nas eleccións presidenciais de 1920, tmendo unha revolta coma a de 1917, Washington impuxo ao Presidente Menocal a presenza do xeneral Enoch H. Crowder, o cal encargouse de elaborar as novas leis electorais e o escrutinio.[18] Menocal fixo partícipe das súas reservas ao presidente estadounidense: unha supervisión das eleccións cubanas por parte de Washington “lastimaría o orgullo cubano [e sería] unha humillación” para toda a nación. [19] Woodrow Wilson recusou con arrogancia a observación e nomeou presidente da Comisión Electoral ao procónsul Crowder.

Decembro de 1920, o presidente Wilson nin sequera se dignou informar ao presidente Menocal, cando enviou a Crowder a Cuba para tratar á grave crise política e financeira, debida en parte ao debalo da cotización do azucre, e para salvar os investimentos estadounidenses dunha creba da economía cubana, .[20] Ante as protestas de Menocal, a resposta de Washington foi mordaz e recordou á Habana, en términos bastante afastados dos costumes da diplomacia, quen era o verdadeiro dono da illa: “O presidente de Estados Unidos non considera necesario obter a autorización previa do presidente de Cuba para enviar a un representante especial”.[21]

Cando a revolta dos estudantes contra a ditadura militar de Gerardo Machado tomou un xiro revolucionario (1933) baixo o impulso de Antonio Guiteras, Washington interveu outra vez para impoñer a un sarxento estenógrafo chamado Fulgencio Batista. O goberno “pentárquico” de Ramón Grau San Martín, que emprendeu considerabeis reformas sociais, non foi do agrado de Estados Unidos. Guiteras criara tribunais para sancionar delitos cometidos baixo Machado, convocou eleccións para o 22 de abril de 1934, promoveu unha Asemblea Constituyente para o 20 de maio de 1934, outorgou a autonomía ás universidades, baixou o prezo dos artigos de primeira necesidade, estableceu dereito de voto ás mulleres, limitou a xornada laboral a oito horas, creou un ministerio do Traballo, reduciu as tarifas de gas e electricidade, puxo término ao monopolio das empresas estadounidenses, impuxo unha moratoria temporal sobre a débeda e, sobre todo, nacionalizó a Compañía Cubana de Electricidade, filial da American Bond and Foreign Power Company[22]

O embaixador Sumner Welles indicou a vía a seguir: “Ningún goberno pode sobrevivir aquí por un periodo prolongado sen o recoñecemento de Estados Unidos e se o ignora, afundirá Cuba nunha situación aínda máis caótica e anárquica”.[23] Roosevelt non recoñeceu o novo poder e mandou buques de guerra á illa. As consecuencias foron inmediatas: o Goberno revolucionario foi derrocado por Batista -apenas durara 127 días- que instalou na presidencia ao fantoche Carlos Mendieta, mentres él movía os fíos por tras do telón.

Welles expresou a súa satisfacción. A súa acción fora fructífera e explicouno nunha misiva ao Departamento de Estado: “Os cubanos non se darán nunca gobernado até se veren na obriga de asumir as súas propias responsabilidades”. Evidentemente, Washington encargaríase de dirixilo a medio do seu home forte.[24]

Batista, sumiso a Estados Unidos, tivo o poder real de 1933 a 1959, agás o periodo 1944-1952. O seu golpe de Estado de marzo de 1952 contra o presidente Carlos Prío Socarrás foi celebrado en Washington: “Batista é sobre todo amigo dos Estados Unidos e do seu Goberno e non será peor ca Prío, se cadra mellor”.[25] O sarxento, convertido en xeneral, comprometeuse a protexer os intereses económicos de Estados Unidos en detrimento dos do pobo cubano, do que se felicitou o embaixador Beaulac: “As declaracións do xeneral Batista relativas ao capital privado foron excelentes”.[26]

Fidel Castro, en nome do pobo cubano, ergueuse decontado contra a ditadura militar e lanzou un movemento insurreccional nas montañas da Sierra Maestra. O líder do Movemento 26 de Xullo, retomando a antorcha de José Martí, fíxose moi popular entre a mocidade cubana, que vía nel ao redentor dunha Cuba colonizada e humillada e o símbolo da resistencia contra a dominación estadounidense. No discurso en Santiago de Cuba o 1 de xaneiro de 1959, trala fuxida de Batista, Fidel Castro advertiu a Washington de que en diante Cuba sería libre e soberana: “Esta vez, por fortuna para Cuba, a Revolución chegará de verdade ao poder. Non será coma no 95, que viñeron os americanos e fixéronse donos disto [“]. Nin ladróns, nin traidores, nin intervencionistas. Agora é unha Revolución”.[27]

John F. Kennedy foi un dos poucos dirixentes de Estados Unidos que comprendeu a importancia histórica de Fidel Castro. Explicouno nun discurso de 1960 e recoñeceu o apoio de Washington a Batista: “no canto de tender unha man amistosa ao pobo desesperado de Cuba, case toda a nosa axuda tomaba a forma de asistencia militar “asistencia que sencillamente reforzou a ditadura de Batista, unha asistencia que fracasou completamente en mellorar o benestar do pobo cubano”.[28]

Agregou respecto diso:

Usamos a influencia do noso goberno para promover os intereses e aumentar os beneficios das empresas americanas privadas, que dominaban a economía da illa. Comezos do ano 1959, as empresas económicas posuían preto do 40% das terras azucareras cubanas, seica todos os ranchos de gando, o 90% das minas e concesións mineras, o 80% dos transportes e caso toda a industria petrolera [“]. A nosa acción daba a impresión demasiadas veces que o noso país estaba máis interesado en sacar diñeiro do pobo cubano que en axudalo a edificar unha economía autónoma, forte e diversificada. Era imposibel non suscitar a animosidad do pobo cubano[29]

O advenimiento dunha revolución era inevitábel pois Estados Unidos, pola súa estratexia de dominación, negou aos cubanos toda perspectiva de emancipación verdadeira, de independencia política e de progreso económico e social. O embaixador Philip Bonsal evocou esta realidade: “Na Cuba pre-Castro, a presenza americana aplastante en términos geopolíticos era un permanente recordo da natureza imperfecta da soberanía cubana. Suscitaba rexeitamento xa que se consideraba unha transgresión intolerabel da independencia e a dignidade do pobo cubano”.[30] A intromisión constante do Veciño do Norte nos asuntos internos da illa danara profundamente o sentimento de orgullo nacional dos cubanos. O último obxectivo da Revolución era recuperar a soberanía da nación e poñer fin á dependencia de Estados Unidos. Tal foi a misión de Fidel Castro.

Fidel Castro tomou o poder e puxo fin ao cacicato estadounidense que esmagara ao país durante máis de sesenta anos. A república neocolonial desintegrouse coa fuxida de Batista. O triunfo da Revolución Cubana en 1959 permitiu ao pobo cubano realizar finalmente o soño dunha patria libre e soberana, facendo de Fidel Castro o emblema da dignidade nacional e continental que soubo opoñerse aos designios hegemónicos de Washington en América Latina. Coa chegada de Fidel, rematou a era do complexo “plattista”, en virtude do cal compría buscar solucións estadounidenses aos problemas cubanos.

Salim Lamrrani é Doutor en Estudios Ibéricos e Latinoamericanos pola Universidade da Sorbona-Paris IV, profesor titular da Universidade de A Reunión e xornalista especializado nas relación de Cuba e os Estados Unidos. O seu último libro “Cuba, the Media, and the Challenge of Impartiality” ven de aparecer en edición da Monthly Review Press, Nova York 2014, con limiar de Eduardo Galeano. http://monthlyreview.org/books/pb4710/ Contacto: lamranisalim@yahoo.fr ; Salim.Lamrani@univ-reunion.fr Página Facebook: https://www.facebook.com/SalimLamraniOfficiel

Este artigo foi publicado por Almayadeen: http://espanol.almayadeen.net/Study/C1QC1T61QUmcKqRrAGMY7Q/fidel-castro–arquitecto-de-la-soberan%C3%ADa-nacional-de-cuba–p

NOTAS

[1] Luis Báez, “Absuelto por la Historia”, Granma, 11 de marzo de 2014. http://www.granma.cu/granmad/secciones/fidel/ (sitio consultado el 23 de febrero de 2015).

[2] José Martí, «El Congreso de Washington», La Nación, 2 de noviembre de 1889.

[3] Antonio Beltrán Hernández, L’Empire de la liberté, París, Editions Syllepse, 2002, p. 78.

[4] Philip S. Foner, Historia de Cuba y sus relaciones con Estados Unidos, La Havane, Editorial de Ciencias Sociales, tome I, 1973, p. 157.

[5] Philip S. Foner, La Guerra hispano/cubano/americana y el nacimiento del imperialismo norteamericano, op. cit., Volumen 1, p.16-17.

[6] Hamilton Fish, «Mr. Fish to Mr. Cushing», 6 de febrero de 1874, FRUS, 7 de diciembre de 1874, p. 859.

[7] Stewart L. Woodford, «Mr. Woodford to the President», 9 de marzo de 1898, FRUS, 6 de diciembre de 1898, p. 682-84.

[8] Philip S. Foner, La Guerra hispano/cubano/americana y el nacimiento del imperialismo norteamericano, op. cit., Volumen 1, p. 337.

[9] C. I. Bevans, Treaties and Other International Agreements of the United States of America, 1776-1949 (Washington D. C.: United States Government Printing Office, 1971), p. 1116-17.

[10] Fidel Castro Ruz, «El imperio y la isla independiente, primera parte», Cuba Debate, 14 de agosto de 2007. http://www.cubadebate.cu/reflexiones-fidel/2007/08/14/imperio-isla-independiente-primera-parte/ (sitio consultado el 15 de agosto de 2009).

[11] Robert Merle, Moncada : premier combat de Fidel Castro, Paris, Robert Laffon, 1965, p. 34.

[12] Tomas Estrada Palma,  « Message of Tomás Estrada Palma, President of the Republic of Cuba, to the Congress of Cuba», 6 de abril de 1903, FRUS, 7 de diciembre de 1903, p. 356-57.

[13] Edwin V. Morgan, «Minister Morgan to the Secretary of State», 13 de octubre de 1906, FRUS, 1909, p. 489.

[14] Hugh S. Gibson, «Veteranista Agitation – Attitude of the United States. The American Chargé d’Affaires to the Secretary of State», 10 de noviembre de 1911, FRUS, (Washington Government Printing Office, 1919), p. 236-37.

[15] Hugh S. Gibson, «Veteranista Agitation – Attitude of the United States. The American Chargé d’Affaires to the Secretary of State», 16 de noviembre de 1911, FRUS, 1919, p. 237.

[16] José Miguel Gómez, « he President of Cuba to the President», 26 de mayo de 1912, FRUS, 1919, p. 248.

[17] Robert Lansing, «The Secretary of State to Minister Gonzales», 13 de febrero de 1917, FRUS, 1926, p. 356 ; William E. Gonzales, «Minister Gonzales to the Secretary of State», 15 de febrero de 1917, FRUS, 1926, p. 359 ; William E. Gonzales, «Minister Gonzales to the Secretary of State», 27 de febrero de 1917, FRUS, 1926, p. 369.

[18] Robert Lansing, «The Secretary of State to Minister Gonzales», 10 de marzo de 1917, FRUS, 1926), p. 382 ; Frank Polk, «The Acting Secretary of State to the Chargé in Cuba (Bingham)», 15 de enero de 1919, FRUS, Volume II (Washington Government Printing Office, 1934), p. 1-2.

[19] Rutherfurd Bingham, «The Chargé in Cuba (Bingham) to the Acting Secretary of State», 18 de enero de 1919, FRUS, 1934, p. 2. Véase el informe complete de Enoch H. Crowder sobre su estancia en Cuba: Enoch H. Crowder, «General Enoch H. Crowder to the Secretary of State», 30 de Agosto de 1919, FRUS, 1934, p. 29-77.

[20] Norman H. Davis, «The Acting Secretary of State to the Judge Advocate General, War Department (Crowder) », 31 de diciembre de 1920, FRUS, 1936, p. 41-43.

[21] Norman H. Davis, «The Acting Secretary of State to the Minister in Cuba (Long) », 4 de enero de 1921, FRUS, 1936, p. 671.

[22] Salim Lamrani, Cuba. Ce que les médias ne vous diront jamais, op. cit., p. 224.

[23] Sumner Welles, «The Ambassador in Cuba (Welles) to the Secretary of State», 10 de septiembre de 1933, FRUS, 1952, p. 417.

[24] Sumner Welles, «The Ambassador in Cuba (Welles) to the Secretary of State», 25 de septiembre de 1933, FRUS, 1952, p. 458.

[25] Edward G. Miller Jr., «Secretary Staff Meetings», 11 de marzo de 1952, lot 63 D 75, FRUS, 1983, p. 868.

[26] Willard L. Beaulac, «Memorandum of Conversation, by the ambassador in Cuba (Beaulac)», 22 de marzo de 1952, FRUS, 1983, p. 868.

[27] Fidel Castro Ruz, «Esta vez no se frustrará la Revolución», 1 de enero de 1959, Fondo Fidel Castro Ruz, n°, Archivo de la Oficina de Asuntos Históricos del Consejo de Estado (OAH-CE)

[28] John F. Kennedy, «Speech of Senator John F. Kennedy, Cincinnati, Ohio, Democratic Dinner», 6 de octubre de 1960.

[29] Id.

[30] Philip W. Bonsal, Cuba, Castro, and the United States, Pittsburgh, University of Pittsburgh Press, 1971, p. 9.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *