Fidel di que o triunfo sandinista débese á coerencia de Daniel Ortega

A razón da rotunda vitoria de Daniel Ortega en Nicaragua está en non ter abandonado nunca o contacto co povo e na loita incesante polo seu benestar. Fidel Castro resume así nas páxinas de Juventud Rebelde, o resultado das eleccións do pasado dia 6 no país de Sandino.

“Coñezo ben a Daniel –escrebe Fidel- endexamais adoptou posicións extremistas e sempre mantivo a fidelidade a principios básicos”. O autor do artigo recorda que Ortega asumira a Presidencia a partir dunha dirección política colegiada e soubera respectar as opinión dos seus compañeiros dentro do Sandinismo o que o habia de converter nun referente de unidade entre os revolucionarios, sen deixar nunca de manter contacto coas bases. Fidel ve neste comportamento coerente a grande ascendencia que Daniel Ortega adquiriu entre os humildes ao tempo que o Sandinismo gañaba a hostilidade da oligarquía nicaraguense e do imperialismo norteamericano.

Fidel di que o triunfo sandinista débese á coerencia de Daniel Ortega O artigo ten Fidel repasa a loita de Nicaragua pola independencia e repara nos 17 anos de decadencia, miseria, estrago social e governos corruptos padecidos polo país despois do cerco armado aplicado por Norteamerica. O Líder da Revolución Cubana fai eloxio da decisión de Daniel Ortega de convocar a todas as forzas democráticas de Nicaragua para a defensa e o progreso de Nicaragua.

Lér o artigo completo de Fidel en Juventud Rebelde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *