“Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí Max Lesnik xornalista cubano en Miami

“Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí o xornalista cubano Max Lesnik, entrevistado polo profesor e ensaista Salim Lamrani para a revista libanesa Al Mayadeen. Lesnik, exiliado na Florida en 1961, nunca había ingresar nas filas dos partidarios de Batista nin aceptou privilexios da CIA e de feito lanzou en Miami un programa de radio no que denunciaba a invasión de Cochinos e o Bloqueo. Lamrani cita once ataques con bomba contra Lesnik en Miami, asi como a regulariedade das súas visitas a Cuba dende 1970, incluido un rencontro con Fidel, do que fora compañeiro cando estudante, seguidor de Eduardo Chibás e guerrilleiro en Escambray. A extensa conversa de catro capítulos ten o seu resume neste texto final, que se refire ao actual restablecemento de relacións diplomáticas entre Cuba e EUA.

Salim Lamrani – Al Mayadeen
Versión en Galego de TSA

Salim Lamrani: Como xornalista cubano residente en Miami, qué pensa da liberdade de expresión en Cuba?

Max Lesnik: Compre lembrar algunhas verdades elementais. A liberdade de expresión está directamente vinculada á seguridad do Estado. Non me refiro ao aparato policial nin aos servizos de intelixencia. Sentíndose seguro un Estado, cando non hai forza externa ou interna que poida desestabilizalo, a liberdade de expresión é total. Habendo unha ameaza interna ou externa –neste caso os EUA e unha ameaza interna que son os disidentes apoiados por unha potencia extranxeira– comezan as restriccións á libertade de expresión. Poñamos o caso dos EUA, a nazón máis poderosa del mundo. Dise que hay una libertad de prensa plena e absoluta en Estados Unidos. Como xornalista digo que a liberdade de prensa está nas mans dos donos dos medios, controlados polas forzas capitalistas para defender os seus intereses. A  concentración dos media foi a maiores nos últimos anos. Antes, un diario era propiedade do editor, como foi o meu caso. Hoxendía, os accionistas da prensa pertencen ao complexo industrial-militar. Así que un Estado é amenazado, reduce a liberdade de expresión, como pasou no macartismo, cuando violaron as libertades fundamentais mentres ninguén amenazaba Estados Unidos.  En Cuba, segundo o Estado vexa desaparecer as ameazas externas ou internas promovidas dende fóra, estou seguro da ampliación do debate crítico.

Max Lesnik explica o actual desconcerto ideolóxico dos batistianos en Miami.
Max Lesnik explica o actual desconcerto dos batistianos en Miami.

SL: Nunha palabra: o degrao de liberdade de expresión en Cuba depende da hostilidade de Estados Unidos.

ML: Exacto. Así que abaixen as  tensións e os Estados Unidos deixen de usar a oposición interna para desestabilizaren o Estado, haberá máis liberdade en Cuba. Ainda que xa existe. Cos seus límites, vemos a diario máis liberdade de expresión en Cuba. Outro problema é que durante anos, os cubanos, en nome da defensa da Revolución, taparon erros para non atentar contra a unidade nacional. Vían na crítica dos fallos do sistema unha febleza fronte o inimigo, cando de feito, é  una proba de forza. Endebén, o inimigo usa esa unidade de fachada como ángulo de ataque. Criticando un dirixente incompetente, critícase á  persoa, non a Revolución. Una crítica aberta e san dende o campo revolucionário para mellorar o sistema e denunciar a corrupción, no debilita o proceso. Raúl Castro é o exemplo acaído. Coido que un dos críticos máis importantes da prensa cubana foi e é o própio Fidel Castro. Compre lembrar o seu critério: “Prefiro os inconvintes dos erros aos  inconvintes do silenzo”. Mellor lavarmos os farrapos suxos antes de os farrapos suxos nos rebordaren por telos agachados. Do síndrome do silenzo todos temos culpa”.

SL: Qué opina do partido único en Cuba?

ML: O debate arredor do partido único e o multipartidismo é interesante. A democracia non vén dos partidos. Debe ser un proceso de debate de todos os puntos de vista, habendo mesmo un só partido ou ningún. O partido no ten que ver coa democracia, que ten máis de dous mil anos mentres o partido político naceu no século XIX coma institución. Dinque Cuba é dictadura por ter un só partido. Vaia parvada. No mundo hai dictaduras cun sistema de multipartidismo. Baixo Batista había partidos a eito e era unha dictadura.

SL: Qué pensa da oposición en Cuba?

ML: É mágoa que dende o triunfo da Revolución, a oposición estea baixo control dos Estados Unidos. Quén me dera en Cuba una oposición verdadeira, patriótica e independente. Dende os comezos, Washington finanzou a disidéncia. Na historia de todo o proceso revolucionário cubano, dende as guerras da independéncia até a loita contra Batista, nengún grupo insurreccional foi finanzado por una potencia extranxeira. É importante sinalar este feito. O cubano loita por una causa nobel, por patriotismo, non por diñeiro. Nunca houbo persoas finanzadas durante a guerra de 1868, nin na de 1895, nin durante a loita contra Machado ou contra Batista. A partir de 1959, Estados Unidos considera Cuba unha ameaza, antes de a Revolución declararse socialista ou asinar unha alianza estratéxica coa Unión Soviética. Nesa época, a “Revolución era tan cubana como las palmas”, como dixo Fidel Castro. Washington comezou finanzar grupos internos. Foi a perda da oposición pois os cubanos non comprenden un compatriota aceptar diñeiro dunha potencia extranxeira contra o seu propio Goberno. Por iso a oposición é insignificante en Cuba e incapaz de nuclear á poboación.

SL: Porén hai en Cuba sectores insatisfeitos que no reciben diñeiro dos Estados Unidos.

ML: Non digo que no haxa persoas descontentas en Cuba. Sobre todo dende o Período Especial a seguir a desaparición da Unión Soviética. Ainda así, transformar ese descontento nunha oposición política contra o Gobierno non é doado porque os cubanos queren conservar o seu sistema e melloralo. A gran maioría non está por outro modelo. Una oposición política honrada debe estar a prol da soberanía nacional e contra as sancións económicas dos Estados Unidos. Ten de estar disposta a defender o soño de Martí, dunha Cuba libre e independente. Debe buscar solucións cubanas a problemas cubanos e non mirar ao Norte. Debe se librar do seu complexo de inferioridade e deixar de creer que debe pedir permiso decote a Washington para emprender unha iniciativa.

SL: Por qué no hai revoltas en Cuba, como as hai en Europa e no resto do mundo?

ML: Os disidentes mediáticos non poden beneficiarse dun respaldo popular. Non contan cun programa definido nin teñen líder. A oposición fabricada atópase nunha contradicción. Para loitar pola liberdade hai que ser libre. Endebén, a disidencia está presa da política exterior dos Estados Unidos para Cuba. O día que desapareza o orzamento anual de 20 millóns de dólares reservado por Washington contra Cuba, desaparecerá tamén esa oposición.

SL: Cómo analiza os cambios ocurridos no modelo económico de Cuba?

ML: Para responder á súa pregunta, debo primeiro definirme ideolóxicamente. Siempre fun e son socialista. Como socialista, coido que o capitalismo no distribúe a riqueza na sociedade. Só privilexia aos máis ricos. Cando a sociedade capitalista devén Revolución estatista, coma en Cuba, onde case todo está nas mans do Estado, a eficiente burocracia capitalista substitúese por unha burocracia de partido, en moitos casos ineficiente.  O proceso cubano permite aos cubanos hoxe traballar pola súa conta e prescindir da burocracia que impide o progreso. A sociedade cubana debe favorecer, a máis do traballo individual, a cooperativa. Dito doutro xeito, o socialismo non é un capitalismo de Estado. Os medios de produción no socialismo deben estar en mans dos traballadores. O papel del Estado é levar a cabo este proceso a longo prazo. Entregarmos licenza a una persoa para establecer o seu comercio, é un paso positivo. Mas o Estado debe ser máis ousado e entregar as empresas aos traballadores e transformalas en cooperativas socialistas. O problema en Cuba, coa burocracia e o paternalismo, é que todos coidan que o mundo lles pertence. Eis a causa de tanto furto en hoteis e empresas estatais. O administrador, encargado do funcionamento correcto, en determinados casos é o primeiro a roubar. Só dun xeito crébase o vício: presentando aos delincuentes perante a xusticia e, endebén, socializando os medios de producción. Na cooperativa, o roubo xa non é posibel pois os traballadores son socios e non van permitir este tipo de comportamento delictivo.

SL: Debe o Estado deixar toda a economía nas mans de cooperativas?

ML: Non. Ao Estado corresponde o control das grandes empresas, da industria básica do país, amáis do  turismo e o níquel. Debe conservar o control dos recursos estratéxicos da nación. Pola contra, perruquerías, restaurantes e outros pequenos negocios deben estar fóra do control estatal. A reforma económica non debe limitarse á pequeña empresa privada senón integrar tamén as cooperativas. É un obxectivo fundamental. Son optimista ao respecto e espero que os cubanos se sintan, cada día máis orgullosos da súa nacionalidade.

SL: Cales son os principais obstáculos para esos cambios?

ML: Os Estados Unidos aproveitará a nova situación de liberdade de empresa para usala contra a Revolución e desestabilizar o país. Eis o primeiro risco. Tamén os dirixentes cubanos no deben deixar á burocracia fabricar pantasmas para conservar o seu acubilo. Deben diferenciar un funcionario eficiente dun burócrata incompetente que pretende asustar ao Estado para conservar o seu cargo.

SL: Qué pensa do xeito que os medios occidentais teñen de presentar Cuba?

ML: Son xornalista desde hai máis de medio século. Hai medida diferente cando se trata de Cuba. Hai tempo, os media deran a noticia de un opositor detido en Cuba pola policía e liberado horas depois. Ese mesmo día houbera unha marcha de protesta na República Dominicana. A policía disparóu e matou tres persoas. A prensa occidental no o mencionóu. Un feito desapercibido no resto do mundo vólvese noticia cando se trata de Cuba.

SL: Por qué Estados Unidos mantén sancións económicas a Cuba, maís dun cuarto de século depois do remate da Guerra Fría?

ML: No comezo, as sancións económicas impuxéranse como resposta á decisión de Cuba de nacionalizar algunhas empresas estadounidenses. Con todo, compre lembrar que a xenreira ou polo menos a desconfianza, de Estados Unidos con Fidel Castro é anterior ao triunfo da Revolución. Washington fixo de todo por impedir a chegada de Fidel Castro ao poder e axudou Fulgencio Batista até os derradeiros momentos. Trala fuxida do dictador, Estados Unidos impuso una xunta militar que había durar unas horas fronte a onda popular revolucionaria. É importante recordar esta realidade histórica. Estados Unidos tomou todas as medidas posibeis e imaxinábeis para derrubar o goberno de Cuba. Toda a retórica diplomática elaborada dende 1959 para xustificar o estado de sítio contra Cuba, é unha ringleira de pretextos que non resisten a análise. Washington evocóu as nacionalizacións, a seguir a alianza coa Unión Soviética, depois a axuda de Cuba aos movimentos revolucionários no mundo, aínda o partido único e depois os dereitos humanos. Na verdade, Estados Unidos espera unha rendición total e definitiva do povo cubano, algo que non aconteceu en máis de medio século e que, ao meu ver, non vai ocorrer.

SL: Con todo, Washington normalizóu as relacións con China e Vietnam e anulóu as sancións contra estes países. Por qué é diferente con Cuba?

ML: A política de sancións contra Cuba –encamiñadas a render pola fame ao pobo– fracasóu. Coido que a Estados Unidos cústalle ainda dar proba de lucidez e admitir esta realidade. Persistir nas sancións ten por obxectivo impedir o progreo do país. O veciño do Norte négase a recoñecer o seu erro é terma nun estado de sitio obsoleto e infame recusado pola comunidade internacional, incluso dos aliados máis leais dos Estados Unidos. Coido que Estados Unidos rematará por arrear as sancións contra Cuba. Mesmo o presidente Barak Obama pronunciárase contra esas sancións e agora correspóndelle ao Congreso norteamericano tomar a iniciativa interpretando o sentir do pobo dos EUA.

LS: ¿Cál é o impacto das sancións económicas na comunidade cubana de Estados Unidos?

ML: As sancións económicas afectan ao pobo norteamericano e non só ao pobo de Cuba. Impedir a un cidadán estadounidense viaxar a un país situado a 180 quilómetros é un atentado contra o dereito humano constitucional. Aliás, imponse un sofrimento á comunidade cubana nos Estados Unidos xa que par viaxaren a Cuba, terra da que proceden máis do 80% dos cubanos que viven no territorio americano, compre aturar a chea de atrancos administrativos impostos por Washington. Co goberno de George W. Bush, os cubanos de Estados Unidos só podían viaxar ao seu país de orixe dúas semanas cada tres anos. E iso no mellor dos casos, xa que era obrigado un permiso da Facenda. Esixían proba de ter un membro directo da familia en Cuba. Para todos, una tía, un curmán, un sobriño son família, mais a administración Bush impuxo unha definición especial da familia para os cubanos: só formaban parte da familia avós, irmáns, fillos e parellas. Daquela, un cubano de Coral Gables que só tiña unha tía en Cuba, non podía viaxar ao seu país de orixe. En Cuba, o conceito da familia é amplio e non limitado ao sangue. Os vencellados por amizade tamén son familia. Esa desrazoada política foi respaldada pola extrema dereita cubana de Florida, que ten xenreira contra o pobo de Cuba. Non é só vontade de revancha contra Fidel e Raúl, senón rancor contra o pobo que está co Goberno.

SL: Qué resposta ten para os que din que as sancións económicas son só cuestión bilateral entre Cuba e Estados Unidos e que Habana pode extender as súas relacións co resto do mundo?

ML: Dicer que Cuba pode comerciar co resto do mundo, é ignorar o carácter extraterritorial das sancións económicas. Permítame darlle algún exemplo. Dende 1992, todo barco que entre nun porto cubano ten proibido o atraque nun porto estadounidense durante seis meses. Cál é a consecuencia para Cuba? Ter que pagar sumas astronómicas, superiores ás do mercado, para contratar fretes. Recorde que Estados Unidos é o primeiro mercado del mundo. A maiores, se unha empresa extranxeira quer exportar os seus produtos aos Estados Unidos, debe probar que a mercadoría non contén un só gramo de materia prima cubana. Cómo fai Cuba logo para exportar ao resto do mundo con semellantes atrancos? Aliás, Cuba non pode importar nada que teña máis dun 10% de compoñentes estadounidenses. O monopólio norteamericano vai de seu en moitos campos polo liderado técnico e tecnolóxico norteamericano. O exemplo emblemático é o do sector da mediciña. Cuba no pode importar ninguna medicina ni ningún equipo médico producidos en Estados Unidos ou que conteñan máis del 10% de compoñentes estadounidenses. No sector aeronáutico, a meirande parte de pezas e sistemas son estadounidenses.

SL:  Washington coida que política de sancións é a mellor para dar cabo ao goberno dos irmáns Castro e restablecer a democracia en Cuba.

ML: Pensar que as sancións económicas van traer o triunfo dos Estados Unidos, carece de sentido. Trátase dun arma criminal contra o pobo de Cuba e non é viábel. Non haberá cambio político en Cuba orquestado desde o exterior. Os cubanos non o aceptarán nunca. Mesmo nos tempos da Unión Soviética, Moscova non deu controlado a política nacional e internacional de Cuba. Pretender que as sancións van modificar a posición da dirección cubana é unhamostra de ignorancia. Dende 1959 danse cambios en Cuba pola lei natural da vida, mais fixéronse só pola vontade dos cubanos.
Canto a democracia, qué caste de democracia quer exportar Estados Unidos? A de Miami, onde o vício, a corrupción, a compra e venda de votos son a norma? Onde os grupos de presión deciden quéen vai ser o próximo presidente? Os cubanos non están por esa caste de  democracia. Xa viviran iso cando Batista.

SL: Cuba non indemnizou as propiedades estadounidenses nacionalizadas.

ML: Que Estados Unidos presente a conta. Cuba presentará tamén a conta dos danos ocasionados poas sancións económicas e a política de agresión dende 1960 e sairá a verdade. Coido que lle vai tocar a Washington pagar.

SL: Qué beneficios vai tirar o pobo estadounidense no caso de arrear as sancións económicas?

ML: Primeiro, os cidadáns estadounidenses recuperarían o seu dereito a viaxaren a calquera país do mundo. Prívaselle deste dereito constitucional dende hai más de medio século. A seguir, os dous pobos poderán restablecer as relacións fraternais rotas por un diferendo entre as dúas nacións. Os cidadáns estadounidenses van descobrer en Cuba o único país do mundo no que nunca queimaron unha bandeira norteamericana. Os diplomáticos estadounidenses residentes en Cuba van polas rúas habaneiras sen necesidade de protección. O pobo cubano deu probas de boa vontade a cotío para o pobo americano. Na economía, as empresas americanas serían as grandes beneficiadas dunha supresión das sancións e poderían asemade ter as oportunidades que oferece un país de 11,2 millones de habitantes, a unha distancia de 180 Quilómetros de Cayo Hueso.

SL: Estados Unidos evoca decote a situación dos dereitos humanos en Cuba.

ML: Falar de modo selectivo dos dereitos humanos en Cuba, como instrumento político e propagandístico, é senrazón. Non pasa día sen  masivas violacións dos dereitos humanos no mundo, incluso nos Estados Unidos, sen comparación posibel coa reaiidade de Cuba. E non hai reacción de Washington ni dos medios occidentais. Nos Estados Unidos, cando un axente de policía viola as garantías cidadáns, a responsabilidade é dos servizos dos concellos. Se acontece na Habana, acusan decontado ao goberno dos “hermanos Castro”. Esta dobre medida non é aceptábel. Usan lente de aumento para diseccionar os defectos de Cuba e esquecen a existencia deses mesmos defectos nas grandes democracias occidentais. Cal é a autoridade moral dos Estados Unidos para predicar dereitos humanos, depois de crear un centro de tortura en Guantánamo, cadeas secretas en todo o mundo e ordenar execucións extraxudiciais no Iraq e Afganistán? Todo isto é público.

SL: Qué pensa do acercamento histórico entre Cuba e os Estados Unidos anunciado 17 de diciembre de 2014?

ML: Abre un novo capítulo das relacións entre os dous paises. Rematan sesenta años de confrontación. As administracións norteamericanas teimaron nunha política de agresión, tanto por vía directa, como foi o caso de Playa Girón ou polos actos terroristas autorizados pola CIA. Distintos grupos contrarrevolucionarios cubanos residentes nos Estados Unidos, no devezo de derrubaren o goberno cubano, cometeron atrocidades aceptadas por Washington. Ora as sancións económicas seguen en pé e hai que eliminalas. É tempo de iniciar iniciar unha relación normal, como debería ter sido dende o triunfo da Revolución.

SL: Cal é a principal conquista de la Revolución Cubana?

ML: Sen dúbida a soberanía. Se Fidel tivese que cambiar de nome, habería que chamalo Soberanía. Por primeira vez na historia, Cuba é soberana e independiente.

Salim Lamrani é Doutor en Estudios Ibéricos e Latinoamericanos de la Universidad Paris Sorbonne-Paris IV, xornalista especializado nas relacións entre Cuba e EUA e profesor titular da Universidade da Reunión. O seu último libro é “Cuba, the Media, and the Challenge of Impartiality”, New York, Monthly Review Press, 2014, cun limiar de Eduardo Galeano.

Versión íntegra da entrevista (en Español)

http://espanol.almayadeen.net/Study/kbJeYq_pYEWkXqTAAI,,PA/-fidel-entr%C3%B3-en-vida-en-el-pante%C3%B3n-de-los-libertadores-latin

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará