Fidel recorda a Hollande o exemplo de cooperación de André Voisin

África Baña – Terra Sen Amos

O papaventos das axencias de notícias do Gran Capital dí que é notícia o anticiclón de Washington que move unha airexa para o Caribe. Un diagnóstico de comenencia. Algúns abonados destas oficinas de avisos pactados nas bolsas de cambio, repiten que “Cuba está de moda”, un pretexto para non explicar que anteonte eran partidarios de aillar a Cuba. No concurso do avestruz colonialista, a nota máis alta é a do xornal de referencia de Madrid, El Pais, de propriedade norteamericana (Liberty Acquisition Holdings) quen insiste en afirmar que “Cuba comeza dende cero” despois de Obama tenderlle a man. Quen me dera a Posición Cero, repite este grupo de capital. De cero? Na rolda de despedida de François Hollande, no aeroporto da Habana, o presidente de Cuba declárase satisfeito polos resultados da visita. Por se alguén non se decatara, Raul Castro repara nun feito significativo: cando un presidente anfitrión chega deica o avión do mandatario que ven de visita, a lingua diplomática fala de concordia. A seguir indica que a recuperación das relacións con EUA van ao ritmo que marca Cuba, expresión diáfana para recordar que a illa ten o seu tempo e que o veciño do norte,  por exemplo, tomouse medio século para cambiar o seu. Os diplomáticos de EUA teñen restriccións en Cuba? Aos de Cuba nos EUA non lles dán máis facilidades, se cadra menos.

Hollande é o primeiro mandatario da UE que visita Cuba e recibe a honra de ser despedido polo presidente ao pé do avión.
Hollande é o primeiro mandatario da UE que visita Cuba e recibe a honra de ser despedido polo presidente ao pé do avión.

 

“Temos de guiármonos polos acordos internacionais sobre o comportamento dos diplomáticos, aprobado na Convención de Viena de 1948, pero van ben as conversas”, di Raúl. A impaciencia do librecambio teima en falar de negocios, sinónimo do futuro sen memoria soñado polas axencias, e o presidente cubano recordaque “a posición común da Unión Europea no debeu existir nunca: foi algo importado e en Inglés”. A seguir fixo unha homenaxe a eivados permanentes e feridos nos atentados da mafia: “Agora tírannos o título honorífico de pais terrorista: que caste de terrorismo é o que pon os mortos cando os agresores non poñen ningún?”, lembrou Raúl.
A equipa de Hollande tiña programada unha breve visita a Fidel. Afinal conversaronmáis de dúas horas. Con Hollande, Fidel falóu de André Voisin, o técnico francés que só puido ver realizado nos campos de Cuba o seu soño de mellorar o gado en pasto libre e natural. Voisin quixo ser enterrado en Cuba. Representa o mellor da cooperación con Francia, no outro extremo da Posición Común proposta por Aznar (presidente de honra do PP) e endosada naquela altura por Paris, cando facer tal era agravar o cerco a Cuba para alén do límite. Os da posición Partir de Cero non foron nin citados na Habana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará