Fidel sementóu a unidade necesária para a Revolución, lembra Marta Harnecker

América Torgueira – TSA

Nunha carta dirixida ao líder histórico da Revolución, co gallo do seu 89 aniversário, Marta Harnecker dí que o mellor agasallo que pode facerlle e recordar o seu exemplo de dignidade, resistencia e solidariedade, de alento e inspiración para todos os que na Nosa América e no mundo loitan por un mundo mellor. Harnecker chama a Cuba a súa segunda pátria, á que chegou fuxindo da represión en Chile e dille a Fidel que “ninguén loitou coma ti pola unidade das forzas revolucionárias e do povo, e pola transformación desta unidade en pear da túa estratéxia política, antes e depois da vitoria. Tomando en conta a realidade político-ideolóxica de Cuba, optaches por evitar as discusións teóricas para centrar a túa enerxía na aplicación dunha estratéxia que resolvese con menos desgaste interno as diferencias ideológicas e políticas dos diferentes grupos revolucionários”.  A autora da carta reproduce na súa misiva as reflexións de Fidel sobre a unidade en vários momentos da loita. Os parágrafos de Fidel están tomados do libro de Harnecker  A estratéxia política de Fidel, do Moncada á Vitoria, escrito en 1985, publicado en Cuba por Ciencias Sociales e reproducido en varios países de América Latina e os EUA.

As ideas de Fidel sobre a construcción do criterio revolucionário aparecen no libro de Marta Harnecker "A estratéxia política de Fidel, do Moncada á vitoria", con versións en vários idiomas.
As ideas de Fidel sobre a construcción do criterio revolucionário aparecen no libro de Marta Harnecker “A estratéxia política de Fidel, do Moncada á vitoria”, con versións en vários idiomas.

Tocante a conformación da unidade das forzas revolucionárias, a carta inclúe opinións de Fidel nunha conversa con estudantes chilenos en 197l: “O ideal en política é a unidade de criterios, a unidade de doctrina, a unidade de forzas, a unidade de mando, coma nunha guerra. Unha revolución é iso, coma unha guerra”. Outra cita de Fidel suliña o valor do critério central na Revolución: “É difícil concebir a batalla estando no médio da batalla, con dez mandos diferentes, dez critérios diferentes, dez doutrinas militares distintas e dez tácticas. O ideal é a unidade. Outra cousa é o real. Cada país debe afacerse a ir librando a  súa batalla nas condicións en que se atope. O estado mayor único, é ideal, non o real. Polo tanto haberá que adaptarse a á necesidade de traballar co que hai, co real.”

Marta Harnecker tira tres grandes leccións da experiéncia cubana sobre a unidade: “A primeira, expresada en palabras de Fidel, é que compre ter, coma meta principal, avanzar no proceso de unidade das forzas revolucionárias. Para iso non hai que partir das metas máximas senón das mínimas. Un exemplo é o Pacto de México entre o Movimento 26 de Xullo e o Directorio Revolucionario”.

“A segunda, que o que máis axuda á unificación das forzas revolucionárias, é a posta en prática da estratéxia que for probada coma a máis correcta na loita contra o adversário principal. No caso de producir resultados a xeito, compre seguila durante a loita, no momento do triunfo ou nos meses e anos posteriores. As forzas verdadeiramente revolucionárias deben aterse a este princípio. Se a unidade a todo nivel toma corpo prematuramente, antes de estaren maduras abondo maduras todas as condicións precisas, conformaráse, se cadra, unha unidade puramente formal, susceptíbel de esfarelarse perante o primeiro atranco que apareza no camiño, ou perderse estratexias correctas representadas por grupos minoritários”.

A terceira é que “para atinxir a unidade perdurábel das forzas revolucionárias, do que Fidel foi máximo promotor, compre valorar de xeito correcto o aporte de todas as forzas revolucionárias sen fixar cotas de poder, nin en relación ao seu degrao de participación no triunfo de la revolución, nin en relación ao número de militantes de cadansúa organización. Trátase de establecer a igualdade de dereitos de todos os participantes, combatendo o complexo de superioridade.

A autora do artigo entende que as achegas claves de Fidel sobre este asunto, prodúcense contra o sectarismo, especialmente no chamado Primeiro Proceso a Escalante, marzal de 1962, cando Aníbal Escalante, secretario de organización das ORI —esforzo por institucionalizar a unidade das forzas revolucionarias depois do triunfo da revolución— comeza copar postos e funcións con vellos militantes marxistas, o  que en Cuba non quería decir outra cosa que ser militante do PSP, único partido marxista antes da Revolución. No canto de promover unha organización de revolucionarios en liberdade, estábase a fundar unha “pionga”, una “camisa de forza”, un “xugo”, “un ejército de revolucionarios domesticados e adestrados”. Fidel teima nese intre por combater tanto o sectarismo da Serra como o sectarismo dos vellos militantes comunistas marxistas; comenta: “A revolución está por riba de todo o que fixeramos cada un de nós: está por riba e ten máis importáncia que cada unha das organizacións existentes: Veintiséis, Partido Socialista Popular, Directorio… A revolución en sí mesma mesma e moito máis  importante que todo iso”.

Noutro discurso, referindo o seu caso personal, Fidel conta: “Tamén eu pertencín a unha organización mais as grorias desa organización son as grorias de Cuba, do povo, de todos. Eu deixei de pertencer un día a quela organización. De qué día estou a falar? Daquel no que nós fixeramos unha revolución máis grande ca nosa organización; o día no que nós tiñamos un povo, un movimento moito maior ca nosa organización; cara o fin da guerra, cando tiñamos un exército victorioso, que deviría o exército da Revolución e do povo todo; no triunfo, veu canda nós, sumouse e mostrounos o seu apoio, agarimos e forzas. E marchando por vilas e cidades, vin milleiros de homes e mulleres con uniiformes vermelllo e negro do Movimento 26 de Xullo; pero más aínda, tiñas uniformes que non eran vermellos nin negros, senón camisas de traballadores, de labregos, de persoas humildes do povo. E desde aquel día, no máis fondo do meu corazón mudei de aquel movimiento ao que queríamos, so bandeiras baixo as que loitaran os compañeiros; paseime ao povo, pertencín ao povo, á Revolución, porque fixeramos en verdade algo superior a nós mesmos.

Marta Harnecker fai votos de vida e criatividade para Fidel, e engade unha aperta chea de soños e esperanzas “desta chilena, cubana, venezolana, latinoamericana”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará