Gerardo Hernández recibe en Madrid a Medalla Pasionária

Prensa Latina – Cubainformación – Terrasenamos

O Secretario Xeral do PCE, José Luis Centella entregou en Madrid a Gerardo Hernández Nordelo a Medalla Conmemorativa Dolores Ibarruri Pasionaria. A homenaxe foille tamén encomendada aos outros catro Heroes Cubanos, Antonio Guerrero, Ramón Labañino, René González e Fernando González, que recibira a mesma distinción do PCE en setembro de 2014, nunha homenaxe celebrada en Madrid, ao cabo da súa inxusta condena nos EUA. Naquela homenaxe, participara a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.

Hernández dixo recibir a medalla coma homenaxe ao povo e o governo de Cuba
Hernández dixo recibir a medalla coma homenaxe ao povo e o governo de Cuba

“A firmeza de Gerardo probóu que o imperialismo pode ser vencido”, dixo Centella nun discurso de lebranza de Ramón Labañino, Antonio Guerrero, Fernando González e René González, coñecidos, xunto a Gerardo, coma “Os Cinco” na cruzada mundial pola súa liberación, que defenderan non só o seu propio decoro senon o do pobo de Cuba. O Secretário Xeral, identificou na rebeldía dos Cinco Heroes perante o maltrato e a inxustiza das cadeas norteamerican, a divisa da Pasionaria de morrer de pé antes de viver asoballados .

Hernández dixo sentirse honrado por unha medalla recoñecedora do esforzo do povo e do governo de Cuba e recordou a importancia da onda mundial de solidariedade, en particular a das organizacións de base do Estado español, réplica superior ao designio vingativo e de propaganda do Império, e agradeceu a homenaxe en nome do Cinco e dos seus familiares que viran acrecentada a súa esperanza na mobilizzación universal a prol dos encarcerados. “Os carcereiros procuraron a nosa redición por todos os medios imaxinábeis, e non preveron que o noso caso convertiríase nunha denúncia contra a inxustiza e  que Cuba sairía afortalada da inxustiza”.

http://www.cubainformacion.tv/index.php/los-cinco/66783-distingue-partido-comunista-de-espana-a-gerardo-hernandez-nordelo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *