Guía para entender as conversas entre Cuba e EUA

Sergio Alejandro Gómez – Granma
WASHINGTON. Pasaron cinco meses despois de os presidentes Barack Obama e Raúl Castro anunciar 17 de decembro o seu propósito de abriren novo capítulo nas relacións entre Es­tados Unidos e Cuba. A terceira rolda de conversas a nivel de funcionarios, desentorna agora a porta para o izado de bandeiras nas misións de Washington e Habana. Estamos na encrucillada dun camiño máis longo e empenado. Granma comparte cos seus lec­­tores sete enfoques para axudar a entender as dimensións do que está a suceder entre A Habana e Wa­shington e a etapa que se aveciña.

A delegación de Cuba, no inicio da terceira rolda de conversas en Washington
A delegación de Cuba, no inicio da terceira rolda de conversas en Washington

1. Os presidentes tomaron unha decisión; agora compre levala á práctica.

Dezasete de decembro, entre outras noticias de importancia para ambos povos, Raúl Castro e Barack Obama anunciaron xuntos a súa vontade de restablecemento de relacións diplomáticas, rotas hai máis de medio século. A declaración dos presidentes ten de ser validada polas administracións de canaseu país para materializar o paso. As reunións establecerán as bases da nova relación diplomática, para evitar os erros do pasado.

2. Ningunha das partes puxo condicións ás reunións, endebén os media falaran de cláusulas previas entre as partes.
Tanto os diplomáticos cubanos co­mo os de EUA falaron dun clima de reciprocidade, sen inxerencias e con respecto á profesionalidade. Porén, Cuba precisou que sería necesario proceder antes ao fin da súa inxusta inclusión na lista de países terroristas e a situación da súa misión en Washington, que careceu de servizos bancarios por máis dun ano. Ambos atrancos están en vías de solución. A parte estadounidense falou sobre a mobilidade dos seus representantes na futura embaixada na Habana (a dos diplomáticos cubanos está limitada en Washington) así como o acceso dos cubanos ás súas instalacións.
Para Cuba é de rigor aterse ás Con­vencións de Viena sobre Relacións Diplomáticas e Consulares, que establecen o cumprimento das leis do país anfitrión e a non inxerencia en asuntos internos. Unha misión debe poder relacionarse coas persoas do país anfitrión, mais respectando preceptos e normas, explicou un diplomático cubano.3. O restablecimiento de relacións non é o mesmo que a normalización de relacións.
Confundir o proceso de restablecimiento dos nexos diplomáticos co de normalización das relacións, que é moito máis longo e complexo, é outro erro común. Logo de contar con embaixadas en ambas capitais, abriríase o eta­pa da complexa procura de relacións entre dous países que comparten unha convulsa historia bilateral.
As autoridades cubanas coidan indispensabel para a normalización o levantamento do bloqueo, a devolución do territorio da Base Naval de Guan­tánamo, o fin das transmisións ilegais de radio e televisión, cancelar a conxura para cambiar o goberno e a compensar polos danos causados ao pobo cubano durante máis de medio século de agresións.

Nunca se dixo que eses puntos necesitan solución para abrir as embaixadas, como algúns medios tentaron manipular. Incluso as autoridades estadounidenses recoñeceron a posición cubana. “Unhas relacións completamente normais non poden darse con sancións económicas”, dixo recientemente unha funcionaria do Departamento de Estado de EUA, que pediu anonimato.

Sen dúbida esta nova etapa inclúe a discusión doutros asuntos de interese para ambas nacións. Cuba precisou que non se lle pode pedir que nada a cambio. O noso país non aplica esas medidas a Estados Unidos, nin ten bases militares en territorio norteamericano, nin promo­ve un cambio de goberno. A Cuba non se lle pode esixir que renuncie aos seus ideais de independéncia e xustiza social, nin claudicar nun só dos seus principios, nin ceder un milímetro na defensa da soberanía nacional.

4. O cambio de política de Washington é un triunfo do pobo cubano e da integración latinoamericana.
Non pecariamos de chovinistas por recoñecer, co­mo fíxo a ma­yoría da comunidade internacional, que o feito de que Cuba chegar a este punto é resultado de case século de fidelidade aos seus principios e heroica loita.

Así mesmo, non se podería pensar en cambios de política deste calado sen entender a nova época que vive a nosa rexión, e ao sólido e valente reclamo dos gobernos e pobos da Comunidade de Estados Lati­noa­mericanos e Caribeños (CELAC).

No II Cumio da Celac na Habana, asinouse un documento que non ten precedente na historia hemisférica: a declaración da rexión como Zona de Paz, a mesma que recoñece “o dereito inalienabel de to­do Estado a elixir o seu sistema político, económico, social e cultural, como con­dición esencial para asegurar a convivencia pacífica entre as nacións”.

5. Estados Unidos cambia métodos, pero non obxectivos

Unha das grandes preguntas é cal é o alcance do cambio de política de Estados Unidos. O asunto non ten unha resposta fácil e quizá sexa cedo para poder facer unha análise cabal.

Cando o Presidente Obama fixo o seu anuncio, dixo que logo de 50 anos dunha política fracasada, era hora de probar algo novo. “Estamos no camiño cara ao fu­turo, deixaremos nas costas as co­sas que fixeron o pasado complicado”, dixo Obama en Panamá respecto de Cuba. Con todo, en varios momentos, as autoridades estadounidenses dixeron que cambiaban métodos, non obxectivos. Neses obxectivos está desde o 1ro. de Xaneiro de 1959 o derrocamento da Re­volución.

“En Cuba, non estamos tratando de cambiarmos o sistema de goberno”, precisou Obama durante o VII Cumio das Américas, nunha declaración que encheu a moitos de esperanza.

Con todo, aínda millóns de dó­lares destínanse públicamente a pa­gar a subversión en Cuba, ao que se suman outros fondos que non son de­clarados.
Pola súa banda, as autoridades cu­banas nunca mostraron inxenuidade. “Ninguén podería soñar que a nova política que se anuncia acepte a existencia dunha Revolución Socialista a 90 millas da Florida”, dixo Raúl no seu discurso durante o III Cumio da Celac.

6. Obama pode facer moito máis

Obama acompañou os anuncios do 17 de decembro con un feixe de medidas que modifican unha pequena parte da aplicación do bloqueo, pero esa medida de agresión mantense en pé.

Cuba recoñeceu a valente po­sición de Obama ao involucrarse nun debate co Congreso para darlle cabo ao bloqueo, algo que non fixera ningún outro presidente estadounidense.

Con todo, é falsa a matriz me­diática de que o presidente “fixo todo o que pode”.

Obama podería utilizar con determinación as súas amplas facultades executivas para modificar sustancialmente a aplicación do bloqueo, o que está nas súas mans facer, aínda sen a decisión do Congreso.

7. Con respecto á soberanía, non hai temas tabús

Unha das leccións dos últimos cinco meses, se cadra tamén do ano e medio de conversacións se­cretas precedentes, é que Cuba e EUA poden abor­dar calquera asunto sempre que sexa nun marco de respecto.

Cuba mostrou a súa vontade a abordar incluso aqueles temas máis socorridos e manipulados para atacar ao noso país, como de­mo­­cracia, liberdade de expresión e de­reitos humanos, asuntos sobre os cales ten moito que mostrar e opinar.

Se cadra a clave máis importante, e a que resume este traballo: o reto maior entre Cuba e EUA é construír unha con­vivencia civilizada baseada no respecto ás súas profundas diferenzas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará