Homenaxe ao anti-imperialismo de Jose MartÍ e Castelao no 162 aniversario do Pai da Patria Cubana

Terra sen Amos.  31.01.15 Vigo
A homenaxe a Martí na data do seu nacemento, organizada en Vigo pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, deu lugar á rememoración de Daniel Afonso Rodríguez Castelao, no común compromiso das dúas personalidades coa emancipación dos pobos, a solidariedade internacionalista, o anti-imperialismo, a vivencia do exilio e a vocación da arte e a literatura como instrumento de intervención social. José Antonio Solana Fernández, cónsul xeral de Cuba, sinalou  noutro momento do acto que o único xeito de os cubanos lembrar a figura de Martí é o de continuaren na loita pola independencia e soberanía de Cuba, o mellloramento humano, a honra e dignidade do  pobo e o internacionalismo. Citando a Raúl Castro no recente cumio da CELAC en Costa Rica, Solana recordou que nas novas circuntancias, “Cuba non renunciará aos seus ideais de independencia e xustiza social, nin vai ceder nos seus principios, nin ceder na defensa da soberanía nacional e tamén non aceptará a pretensión de aconsellar e presionar en materia dos seus asuntos internos, depois de ter gañado este dereito con grandes sacrifizos”.

Amigos de Cuba, representantes do Corpo Consular e Cubanos residentes. recordan a Martí en Vigo, arredor do seu monumento.
Amigos de Cuba, representantes do Corpo Consular e Cubanos residentes. recordan a Martí en Vigo, arredor do seu monumento.

Tanto Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil”, como o Cónsul Xeral de Cuba, saudaron a presenza no acto das repesentacións da República Bolivariana de Venezuela, República Arxentina, Uruguai e República Dominicana. Alvite dixo na súa intervención que Martí era unha das figuras políticas e literarias máis relevantes en América no século XIX: brillante na literatura, no terreo da pedagoxía, no xornalismo e estratega principal do movemento de emancipación de Cuba contra o imperio español. No remate da sua presentación, salientou a coherencia de Martí, resumida no seu famoso aforismo: “Facer é a mellor maneira de dizer”.
No remate do acto, Mónica Sanchez, Cónsul Xeral de Venezuela deitou unha composición floral coas cores da bandeira da República Bolivarina ao pé do monumento a Martí e representantes da “Francisco Villamil” colocaron unha coroa de flores mentres o mestre Antón Sánchez entoaba a Marcha do Antiguo Reino de Galiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *