Human Rights Watch defende a represión en nome dos dereitos humanos

José Manzaneda – La Pupila Insomne

Repasando titulares da prensa corporativa (El País, Le Monde, CNN, Miami Herald, El Comercio, El Mundo, etc.) en relación co fallido auto-golpe de Estado do presidente Pedro Castillo, nunca daremos lido represión, régimen ou derechos humanos (1) (2). Todo ven sendo disturbios y altercados (3). Versión unificada dos feitos que non só recibe carta de lexitimidade nos grandes media, senón en presuntas organizaciones de derechos humanos, como Human Rights Watch, presuntomonitor de dereitos básicos da persoa. Unha entidade que manifesta seu apoio a presidenta golpista Dina Boluarte (4), e coida que é unha mágoa que os gobernos de Arxentina, Bolivia, Colombia e México estean co ex­­­-presidente Pedro Castillo (5). Cando o reconto de vítimas mortais produce escándalo, Human Rights Watch reclama a Xustiza do Perú investigar de contado as mortes nas protestas” (6). Sen sequera condenalas.

Human Rights Watch (HRW) coida que os dereitos humanos en Latinoamérica están en risco  en Nicaragua, Cuba e Venezuela e no entanto defende a Dina Boluarte presidenta golpista de Perú. HRW teimou ao goberno de Panamá, en plena pandemia, investigar as condicións de traballo da brigada médica cubana que aparece na foto. No entanto, o goberno de Bolsonaro negaba a entrada dos cooperativistas médicos de Cuba, o que recibía aplausos de HRW.

E na altura de a represión no Perú atinxir cifras de escándalo, que é o que preocupa a Human Rights Watch? Cuba e Venezuela. Na illa, é unha presunta represión del gobierno e o non abordar as causas que levaran a xente a protestar na rúa en xullo de 2021, que forzaran (…) milleiros de cubanos a abandonaren o país (7).

Human Rights Watch denuncia causas que estaban no fondo das protestas e da emigración en Cuba, e non menciona a asfixia económica provocada polos EUA, o bloqueo de todos os ingresos da illa, 243 sancións ilegais sumadas as que afogan a illa dende hai 61 anos, moitas delas aplicadas no medio da pandemia (8) Nin por acaso usa a palabra bloqueo, ou o termo eufemístico embargo e tamén non considera causa subxacente o bombardeo en redes sociais dende plataformas dos EUA nin o funcionamento do Grupo Operativo de Internet para Cuba, do Departamento de Estado, sobre una poboación castigada polas sancións e a pandemia (9) Human Rights Watch prefire repetir o guión escrito polos seus padriños políticos de Washington.

As protestas de xullo de 2021 en Cuba, mal duraron 48 horas. A famosa violencia policial non se parece nin de lonxe a brutalidade observada en Perú. En Cuba quen participaron en actos de violencia –violencia extrema en certos casos- contra axentes e propiedades públicas, tiveron audiencia pública e sentenzas apelábeis (10). Pero para Human Rights Watch –e para o guión mediático- aquelas miñas xoias sonche presos políticos (11) expresión vedada para as persoas detidas nas manifestacións do Perú; nin sequera lla aplican a un presidente electo polas urnas, coma Pedro Castillo.

Mantense o apagón mediático sobre Perú; aquélanse polo custe económico das protestas. O diario El Pais daba conta da alarma lanzada pola axencia internacional de cualificación Fitch fronte o acusado derrame das finanzas peruanas. (12). Que fique claro de que vai todo isto.

1 https://www.elmundo.es/internacional/2023/01/20/63c9cd3ae4d4d848558b459a.html
2 https://pagina3.pe/actualidad/muertes-por-protestas-en-peru-se-eleva-a-58-y-crisis-se-agudiza-ante-la-violencia-desatada-por-manifestantes-y-la-pnp/
3 https://www.antena3.com/programas/espejo-publico/noticias/disturbios-altercados-peru-fallido-autogolpe-estado-pedro-castillo_202212096392fd0dad8bc10001feaa09.html
4 https://www.clarin.com/mundo/human-rights-watch-cuestiono-argentina-victimice-pedro-castillo-golpe-peru_0_elbgW7ewfU.html
5 https://www.europapress.es/internacional/noticia-hrw-llama-justicia-peru-investigar-manera-inmediata-muertes-protestas-20221222071636.html
6 https://www.hrw.org/es/news/2022/12/08/pronunciamiento-de-human-rights-watch-sobre-el-golpe-de-estado-en-el-peru
7 https://www.infobae.com/america/america-latina/2023/01/23/human-rights-watch-pidio-a-los-lideres-de-la-celac-que-cuestionen-a-cuba-y-venezuela-por-las-graves-violaciones-a-los-derechos-humanos/
8 https://misiones.cubaminrex.cu/es/articulo/conozca-las-243-sanciones-de-trump-contra-cuba-adicionales-al-asfixiante-bloqueo
9 https://www.cubahora.cu/politica/la-fuerza-de-tarea-para-la-internet-en-cuba-un-nuevo-modelo-de-subversion
10 https://www.youtube.com/watch?v=9-x9789vyec
11 https://dialogo-americas.com/es/articles/los-presos-politicos-de-cuba-nicaragua-y-venezuela/#.Y_yOyx_MLcs
12 https://elpais.com/economia/2023-02-22/fitch-advierte-de-que-las-protestas-en-peru-deterioran-las-finanzas-de-las-empresas.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *