Ignacio Ramonet, censurado en La Voz de Galicia, El Pais, Radio France e a Universidade de Paris por ter entrevistado a Fidel

Terra Sen Amos – Redacción

Cando un respectado xornalista coma Ignácio Ramonet denuncia a mentira coa que os medios dominantes informan sobre Cuba, él mesmo é castigado coa censura, o silenzo e o ostracismo. La Voz de Galicia, El Pais, Radio France e a Universidade de Paris-VII, tratan a súa colaboración coma un estigma depois da aparición do livro de conversas Fidel Castro, a miña vida (edicións Xerais, en versión de Xosé García Crego) produto de cinco anos de documentación e de demoradas entrevistas co Lider da Revolución. Ramonet, nado en Redondela no 43, exiliado  en Tánxer coa súa familia por Franco e formado en Paris, denúncia a censura contra Cuba dos mesmos medios poderosos que acusan de silenzo e manipulación a unha pequeno illa bloqueada e sen recursos.

A longa entrevista de Ramonet con Fidel é unha insustituibel historia da Revolución Cubana e apareceu co titulo de Biografía a dúas Voces.

A longa entrevista de Ramonet con Fidel é unha insustituibel historia da Revolución Cubana e apareceu co titulo de Biografía a Dúas Voces.

O xornalista Galego decide aportar a súa testemuña como persoa que coñeceu ben a Fidel, perante a mentira manifesta coa que os grandes medios informan sobre o Comandante. “Un intelectual coherente ten de denunciar a inxustiza, comezando pola  que se comete no seu própio país -declara Ramonet- Cando a uniformidade mediática esmaga a diversidade, censura calquera expresión diverxente e sanciona aos que disenten, compre falar de represión. Cómo cualificar de otro xeito un sistema que couta a liberdade de expresión e reprime as voces diferentes? Un sistema que non acepta a contradicción por ben argumentada que sexa: un sistema que establece unha verdade oficial e non tolera a diferéncia; semellante sistema ten nome: chámase tiranía ou dictadura. No hai outra”.

O ex-director de Le Monde Diplomatique sitúa o comezo da censura das súas colaboracións no 2006,  na altura da publicación do libro de entrevistas con Fidel. “Por exemplo o diario El País, no que eu escribía regularmente, sancionoume e deixou de publicarme sen máis comentários”. O autor acrecenta que o médio non volveria a citalo nin a facer mención dos seus livros. Nesa altura, aconteceulle outro tanto con La Voz de Galicia “diario no que eu escrebia tamén, dende anos atrás, unha colaboración semanal baixo o nome de Res Pública.  A partir da edición do meu libro sobre Fidel, e sen darme razón algunha, reprimíronme, deixaron de publicar as miñas crónicas e, da noite para a mañá, aplicáronme a censura total: tratamento de apestado. Coma en toda ditadura ideolóxica, a mellor maneira de executar un intelectual, consiste en facelo desaparecer do espazo mediático para matalo simbolicamente”.

O autor explica a seguir as represálias de que foi obxecto en Franza, nada mais a editorial Fayard/Galilée editar o o libro Fidel Castro. Biographie à deux voix no 2007. “No programa público France Culture dirixia sábados de mañá un programa de política internacional e, mal aparecendo o libro e os medios dominantes atacarme, a directora dixome que non podia o amigo dun tirano expresarse naquel medio. Non me deixou retrucar e as portas  dos estudos pecháronse para min por sempre. Tamén ali fun censurado e impuxeron silenzo sobre unha voz que desentoaba no coro unánime contra Cuba”

Ramonet levaba 35 anos a ensinar teoría da comunicación política internacional na Universidade Paris VII e, aparecendo o seu libro, un colega acautelouno das ameazas do claustro de prescindiren dun profesor amigo dun dictador. De a pouco apareceron voandeiras anónimas nas que reclamaban a súa expulsión. “Avisáronme logo que o meu contrato non seria renovado e, en nome da liberdade de expresión, negáronme o dereito de expresión”.

A represión chegou tamén contra o xornalista e profesor de parte do grupo editorial Le Monde, no que el dirixía naquela altura,  con grande éxito, o mensal Le Monde diplomatique ao tempo que formaba parte da histórica Sociedade de Redactores, parte clave do organigrama da empresa pola condición de accionista principal desta entidade, pola súa faculdade de elixir ao director de Le Monde e pola atribución de velar a deontoloxia profisional. Por mor desta responsabilidade, o presidente da Sociedade de Redactores convocouno para lle transmitir a grande preocupación latente no seo da instáncia pola publicación do libro. O autor preguntolle se o lera e o presidente dixo que o texto carecía de importáncia e que o cerne do asunto era a ética e a deontoloxía, xa que un xornalista do grupo Le Monde non podía entrevistar un dictador. “Citeille de cor unha dúcia de autócratas enteiros e verdadeiros de África e doutros continentes aos que o diario tiña atendido á xeito durante décadas.  O presidente retrucou: Non é o mesmo e os membros da Sociedade de Redactores queren convocarte para dares unha explicación. Ao que eu opuxen Se queredes  facerme un xuizo, un proceso de Moscú, unha purga por desviacionismo ideolóxico, teredes de asumir a vosa función de inquisidores e de policías políticos, e levarme a forza ao voso tribunal. Non se atreveron.”

O histórico xornalista de Le Monde conclúe que derradeiramente tivo sorte de non rematar na cadea coma tantos nas dictaduras. “Isto sucede hoxe nas nosas democracias mediáticas por ter feito sen máis o meu traballo de xornalista e terlle dado a palabra a Fidel. Non se lle dá por acaso voz ao acusado nun xuizo? Por que non queren coñecer a versión do dirixente cubano a quen os medios dominantes xulgan e acusan? Non é a tolerancia a base mesma da Democracia? Democrata, para Voltaire, é o que non estando dacordo co interlocutor, defenderialle pola vida o seu dereito a expresarse”.

As mesmas páxinas que linchan ao xornalista redondelán, acubillan estes dias unha retórica condena de Mario Vargas Llosa contra a Revolución Cubana, á que senténcia  plenamente fracasada nos seus obxectivos mália responsabilizala asemade de todas as desgrazas contemporáneas do continente. O escritor peruano aparece citado na mesma data noutro diario de Madrid como consumidor dunha crema de beleza de elevado prezo e tamén pola súa condición de compromisário seguro das Listas de Panamá.


Artigo orixinal de Ramonet en Cubadebate
http://www.cubadebate.cu/opinion/2016/12/07/fidel-castro-y-la-represion-contra-los-intelectuales/#.WE7dDX1ZDIU

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará