Igual que os seus once predecesores: Trump promete acabar con Cuba

Iroel Sánchez –Al Mayadeen

Entrevistados polo sitio EconomicEyeOn Cuba, dous funcionarios da administración Trump apuntaban 8 de abril deste ano: “ás nosas sancións directas a Venezuela e as sancións directas e indirectas a Cuba, producirán cambios na economía cubana por mor do que a Administración de [Juan] Guaidó está a facer contra ás exportacións de petróleo a Cuba. Axudamos ao presidente interino Guaidó para o réxime cubano non receber máis petrólo e ter que axustarse á perda do 30% ou máis das súas importacións de hidrocarburo, fuertemente subsidiadas. A economia da illa terá que se axustar as leis do mercado que queiran que noon. A bancarrota chegaralles antes do que pensan”.

Repítese a historia: outro goberno do Norte promete acabar coa independencia de Cuba. Con Trump xa son 12 presidentes

Desestabilizar Venezuela co fin de provocar a ruina de Cuba non é novo nin foi Trumpo quen o inventou. Tentando unha normalización con Cuba, Barack Obama desataba contra o principal aliado político e económico da illa unha guerra económica sen cuartel tras declarar ao goberno de Caracas ameaza inusual e extraordinaria para a seguridade dos EUA, procurando maior dependencia de Cuba do proceso que a prensa dominante alcuñou de baixada do souflé bilateral.

Obama empregara artes da sedución para convencer aos cubanos de desmontaren por si o socialismo que o Bloqueo, que el xulgaba fracasado, non dera feito; Trump –asexado  polos máis reaccionarios do seu gabinete e a ultradereita miamense- optou dende a súa chegada á Casa Branca, pola máis agresiva das políticas contra Habana.

Esmorecer a economia de Cuba reducindo os seus ingresos en divisas, quer pola eliminación dos servizos médicos cubanos a Brasil que o goberno de Jair Bolsonaro cancelou, quer boicotando os acordos de intercambio de petróleo por  traballo de profesionais cubanos da saúde en Venezuela, é só unha parte da agresión trumpista. Hai que lle engadir a prohibición das viaxes de estadounidenses á Illa, que Obama autorizara sen ser turismo, e o recrudecimiento do cerco financeiro contra Cuba (un aspecto no que Obama non dera cuartel, elevando ao máximo as multas a bancos internacionais por realizaren transaccións coa illa bloqueada) Trump asinou a entrada en vigor do título III da Lei Helms Burton para espantar o investimento estranxeiro, que o goberno cubano proclamara factor estratéxico.

Plataforma neocolonial

Provocar apuros e atrancos na vida diaria dos cubanos, que un aparello de guerra sicolóxica amplifica e manipula en Internet a través de publicacións que cobran do goberno estadounidense e do sistema de medios de comunicación privados, tamén financiados desde o exterior, que a era Obama inzara na Illa. Unha regra de ouro para os dous casos,: achacar os problemas provocados ás insuficiencias do sistema económico existente en Cuba, sen facer mención da guerra económica estadounidense e ofrecendo como remedio (que queiras que non) a restauración capitalista. O Presidente cubano chámao polo seu nome: plataforma neocolonial que pretender aplicarnos con andrómenas e biosbardos inventados polo neoliberalismo.

Engadamos ao lote a situación creada por Trump arguindo uns ataques sónico que ninguén cre contra o seus diplomáticos para pechar o consulado na Habana e así obrigar aos cubanos a viaxar a un terceiro país para tramitaren visas estadounidenses (recortadas en prazo, a maiores) Aumentar a presión da caldeira e pechar válvulas para facela estourar: eis o plano dos extremistas de Miami contra Cuba, nun tempo de eleccións no que o voto cubano-americano de dereita en Florida, pretende ser decisivo para a reelección de Trump.

E como non reparar no acontecido en Cuba nos últimos meses? Logo de Trump ameazar a o voto socialista no Referendo Constitucional, o 87% dos votantes pronunciouse polo socialismo baixo a direción do Partido Comunista. O apoio ao Presidente Díaz-Canel, electo en abril de 2018, medrou pola súa xestión de fenómenos naturais e o recrudecimento do Bloqueo, a reforma do aparello estatal lastrado pola burocracia e a ineficiencia, a solución por novas vías de problemas vellos como a vivenda e a produción de alimentos.


A contestación de Cuba ás agresións económicas dos EUA marcou un momento decisivo nos últimos dias de xuño. Non foi unha boa noticia para o goberno dos EUA:  Cuba reafirmaba a histórica opción polos humildes e decidía que fose os traballadores e traballadoras quen establezan os planos de produción das empresas estatais para o ano 2019; o anuncio dun paquete de medidas económicas que, nas antípodas do esperado polos partidarios do Bloqueo e as comparsa da plataforma neocolonial e neoliberal, comeza por un incremento de case 70% dos salarios do sector orzamentado, case millón e medio de empregados na saúde, a educación, outras esferas sociais e a administración pública. O resultado dependerá de manter o índice de prezos ao consumo e estimular o incremento das exportacións, sustituir importacións e os encadear produción no interior da economía, incluíndo o sector privado e o investimento estranxeiro.

Desde a súa chegada ao goberno e ao liderado do Partido Comunista, Raúl Castro encabezou un profundo proceso de autocrítica que puxo en primeiro plano as deficiencias internas e, os problemas estructurais da economía cubana, buscando un reforzamento da institucionalidade, a descentralización do goberno e unha economía máis diversificada con maior protagonismo de actores privados, tanto nacionais como estranxeiros, e cunha empresa estatal fortalecida.

Non han faltar contradicións, retrocesos e necesarias rectificaciones neste proceso. Porén, mália o atranco maior do Bloqueo, o Goberno de Cuba reforza outro obxectivo común: potenciar a intelixencia, a creatividade, o esforzo.

As prioridades son a economía e a preparación do país para a defensa. Non hai motivos para dubidar da experiencia e efectividade das estratexias trazadas por Cuba. Nunha entrevista dirixida ao electorado de Miami, Trump di que el vai resolver por fin o de Cuba. Analizando a historia e as máis recentes decisións cubanas, parece que na Illa prepáranse máis ben para dicirlle adeus a Trump dende o muro do Malecón. Igual que antes fixeran cos once presidentes que precederon ao magnate.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *