Intelectuais cubanos ven na “Tercera Via” un novo Cabalo de Troia imperial

Cubadebate – Granma – La Pupila Insomne (edición de Terra Sen Amos)

A idea de que a política é o centro, a expresión máis concentrada da economia, é de Lenin que a define coma o instrumento para identificar as causas do atraso e superalo. Fronte unha política que busca as razóns verdadeiras, quen poderá admitir boas intencións no capitalismo? O último consello do Capital contra Cuba, é o de sentar na mesa de diálogo e renúnciar ás ideas e as leccións da historia. Deste xeito a política deixa de ser cerne e eixo racional e admite o nome de consenso, equilibrio, centrismo ou tercera via. Intelectuais cubanos denuncian esta invitación a unha política de equilibrio, relatividade e boafé, coma Cabalo de Troia dun Imperio que mantén o Bloqueo e defende seus intereses en todo o planeta mediante as armas.

O capitalismo recomenda a Cuba a política de Tony Blair, defensor da “Tercera Vía” e a invasión de Iraq: Bill Clinton, partidario de bombardear Belgrado; Fernando Henrique Cardoso e Ricardo Lagos, monetaristas de Brasil e Chile; ou Felipe González, partidario do golpe contra Chavez e Maduro. O coro dos “centristas” canta con Santos en Bogotá as glorias da “Tercera Via”.

“Cando escoito recomendar consenso fronte o radicalismo revolucionario cubano, que non é outra cousa que ir a raíz dos problemas –sinala o xornalista Ramírez Cañedo- vexo semellanzas entre ese centrismo receitado a Cuba, e o autonomismo decimonónico. O anexionismo de hoxe non é o do XIX, mais debemos lembrar que moitos autonomistas daquela viraran para o anexionismo ao se producir a intervención de EUA en 1898 e acubillaran na dominación neocolonial, instaurada a comezos do XX. Non foi por acaso que o primeiro gabinete de Estrada Palma fora copado por antiguos autonomistas, e ese nacionalismo de dereita ten unha longa nómina na historia de Cuba, como xa notara Fernando Martínez Heredia nunha entrevista con Rosa Miriam Elizalde”

O autor non ve posibel a coheréncia dun anti-colonialista e ante-imperialista simpatizar con ideas e medios propios do capitalismo, quer na súa variante social-democrata ou neoliberal e repara na orde vixente no sistema capitalista, onde os centros impiden a toda costa aos países subordinados romperen a súa condición periférica, coma acontece con Brasil e Argentina. “No caso de Cuba, EUA nunca permitiu a existencia dunha burguesía nacional, durante case 60 años de república neo-colonial burguesa”.

No sítio electrónico La Pupila Insomne, o máis visitado de Cuba, Iroel Sánchez chama a non enganarse sobre os conceptos de liberdade, democracia e prosperidade que EUA vende polo mundo. “No noso pasado –recorda- tentou virarnos no que Fidel chamaba híbrido de casino e prostíbulo e agora hai un grupo que, a forza de diñeiro, está a procurar algo semellante ao calor dunha economia cambiante, e por se non lle abondase con corromper aos nosos, está a amasar a súa empanada de comunicación”.

Iroel recorda a John Kerry (ministro de Estado de Obama) pór na apertura da embaixada de EUA na Habana, o exemplo de Vietnam coma economia rebordante e nación lanzada. “Non nos dixo –sinala o xornalista- que nesa terra irmá, co pouso cultural de millentos anos coma nación, antes de  apareceren os EUA, con lingua vella de seu, oito veces a poboación de Cuba e mar por medio dos EUA, todos os medios de comunicación son hoxe de propiedade pública e as normas de acceso á Rede ben máis suxeitas a vixiáncia cas nosas”. O mesmo Kerry que se gaba da nova condición de veciño do Vietnam, antes estado criminoso, depois de renunciar ás armas para convencelos, cala en Cuba que o capital privado non ten naquel heroico pais nin un só diario nin unha emisora.”

O capitalismo non é unha suma de aspectos negativos e positivos, de elementos que poden ser resgatados ou desbotados –recorda o xornalista e escritor Enrique Ubieta, entrevistado por José Raúl Concepción en Cubadebate– O capitalismo é un sistema, que nalgún momento foi revolucionario e hoxe non o é. Engloba e encadea todo: a alta tecnoloxía, a máis sofisticada riqueza e a miseria máis absoluta. Os elementos que contribúen á maior eficiéncia na produción, son os mesmos que rouban o traballo humano; os que xeran riqueza para uns poucos, producen pobreza para as maiorías, a nivel nacional e internacional. Non existe o que chaman o mellor do capitalismo porque o capitalismo non pode ser depurado. Hai versións pésimas, coma o neoliberalismo ou o fascismo, pero non coñezo ningunha boa. O capitalismo sempre é salvaxe”.

Ubieta recorda a proposta de xuntar o mellor do capitalismo e o socialismo nun só sistema, cando o mundo era bi-polar. “Se cadanseu ten chatas e virtudes, por que non desbotar o inútil? Que impide realizar tan interesante idea? Por fálase ainda de capitalismo e socialismo? E a seguir esta obviedade, ven outra: non podes ficar co mellor do capitalismo coma fas cunha froita mazada ao caer da ponla. As virtudes do sistema capitalista susténtanse nos seus defectos. Ou se mantén o modo de vida da acumulación de capital que dana cada recuncho deste planeta, ou búscase unha alternativa que solucione os problemas dende a raíz”.

“Non existe un centro, un espazo neutro entre os dous sistemas –conclúe o xornalista que mantén o visitado sítio La Isla Desconocida- A socialdemocracia, deixou de ter sentido no final da Unión Soviética e a desaparición do Campo Socialista. Nin sequera en Suecia puido manterse (Olof Palme foi asasinado). O sistema capitalista xa non a necesitaba. A Tercera Vía de Tony Blair foi un centro que se correu aínda máis cara á dereita: acepta e instrumenta unha política neo-liberal e alíase coas forzas imperialistas nas súas guerras de conquista. A historia da socialdemocracia é esencialmente europea”.

Preguntado sobre a función das políticas de centro en Cuba, Enrique Ubieta sinala: “O centro é unha orientación política que se apropia de elementos do discurso revolucionário, adopta unha postura reformista e, en última instancia, frea, retarda ou atranca o desenvolvemento dunha verdadeira Revolución. Noutros casos, coma o noso, pretende usar a cultura política de esquerda que existe na sociedade cubana, porque non podes chegar aquí cun discurso de ultradereita e pretender gañar ao pobo. Podes entrar finxindo xustiza e e con ese discurso de esquerda meter capitalismo pola porta da cociña. Ese sería o papel que podería ter o centrismo dentro dunha sociedade coma a cubana”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará