A Delegación Cubana en Panamá négase a compartir espazo cos mercenarios

TSA – Redacción

“A Delegación Cubana non compartirá o mesmo espazo que mercenarios e terroristas”, anunciou nun comunicado o grupo de intelectuais que asiste en Panamá aos Foros Paralelos do Cumio das Américas.  O xornal “Juventud Rebelde” deu conta de a organización do Foro recusar a entrada na  primeira sesión de 28 delegados de Cuba con todos os trámites de participación cumpridos. Entre eles estaban Omar González, Fernando Martínez Heredia, Abel Prieto, Luis Morlote e Heriberto Ferraudy aos que finalmente foi recoñecida a entrada xunto ao resto da Delegación. Unha vez dentro,  denunciaron a presenza de mercenarios, ingresados no local do Hotel Panamá pola porta traseira, e anunciaron a súa retirada.

Impreso coa declaración dos representantes de Cuba nos Foros Paralelos do Cumio das Américas
Impreso coa declaración dos representantes de Cuba nos Foros Paralelos do Cumio das Américas

O xornalista Iroel Sánchez refírese a presenza de mercenarios ao servizo de EUA nos foros paralelos do Cumio das Américas e recorda a longa teima do poder norteamericano por cambiar mediante a compra millonaria de vontades, a inxerencia e o crime, o inequívoco comprommiso cubano pola independencia e a xustiza.

“Martes 7 -escrebe Iroel o dende a súa popular páxina “La Pupila Insomne”- comentei na televisión latinoamericana TeleSUR a “Declaración dos  representantes de Cuba nos Foros Paralelos do Cumio das Américas” e argumentei tres ideas esenciais: 1 EUA leva décadas empeñado en armar unha oposición en Cuba e para iso destina más de 50 millóns de dólares anuais co obxectivo de suplantar con cartos a expresión do pobo cubano. 2 Os chamados “disidentes” son o resultado desa construcción co diñeiro do país que bloquea ao pobo cubano e que finanzou terrorismo, enfermidades e andazos contra Cuba: xente sen escrúpulo para se aliaren a terroristas e persoas con historial violento e as mans manchadas de sangue. 3 Acreditando a personas pagadas pola politica de EUA contra Cuba e Venezuela -países cos que Washington chega en conflito ao Cumio- os organizadores deses Foros revelan ser tamén instrumento estadounidense”.

Iroel Sánchez inclúe na súa páxina o texto íntegro da “Declaración dos representantes de Cuba nos Foros Paralelos do Cumio das Américas”, reproducido a seguir: “Os representantes de Cuba asistentes aos Foros Paralelos do Cumio das Américas, denunciamos a presenza de mercenarios pagados polos inimigos históricos da nosa nazón. Integran unha cativa “oposición” fabricada dende o extranxeiro, carente de toda lexitimidade e decoro. Varios dos seus membros vencéllanse publicamente a recoñecidos terroristas causantes de infinita dor ao pobo de Cuba”.

“Resulta ofensiva a participación nestes Foros, dos que fixeron da traizón á Patria un oficio ben pagado e rouban con vergoña o nome do país que calumnian e aldraxan a diario. Para a Cuba digna e soberana, resistente de máis de cinco décadas de bloqueo e agresión, para a abrumadora maioría dos cubanos, para nós que traemos a Panamá, con modestia e espírito de cooperación, as experiencias do noso desenvolvimento social, é inadmisíbel a presenza de individuos de tan baixa catadura moral”.

Asinan os “Representantes de Cuba nos Foros Paralelos do Cumio das Américas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará