Latinoamérica é por primeira vez obxectivo principal no documento anual de Estratexia de Seguridade da  Casa Branca

Atilio Borón – ACCIÓN

A Casa Branca publicou de a pouco seu esperado documento sobre a Estratexia de Seguridade Nacional 2022 (ESS) guía da política exterior da Administración Biden. A partir de 1987, informes coma o da ESS son preceptivos para o Congreso saber cal é o criterio do goberno sobre as amezas a seguridade nacional do país. A ESS debe interpretar os desafíos para EUA no panorama internacional e informar dos recursos de que dispón para enfrontalos no contexto da agonía da orde mundial de posguerra. O documento debe dar contra dos intereses nacionais en xogo, os compromisos con aliados e gobernos amigos, a estratexia para garantir a seguridade nacional (e dos seus cidadáns, empresas e organizacións non-gobernamentais actuando no estranxeiro) así como os recursos de defensa precisos para disuadir as ameazas de inimigos externos ou dos grupos terroristas no interior dos EUA.

O documento que define os obxectivos estratéxicos do governo de Washington, ven de ser presentado con enorme retraso. América Sur aparece por primeira vez como obxectivo primordial.

As directivas estratéxicas fundamentan o orzamento nacional sometido ao Congreso e determinan a estratexia do goberno nos asuntos mundiais. Por exemplo, a ESS do 2002 publicada polo Goberno de George W. Bush a seguir os atentados do 11-S, senta a doutrina da Guerra Preventiva (e tamén do principio da Guerra Infinita) que daría lugar a Guerra contra Iraq (2003-2011) e a invasión de Afganistán, prolongada por vinte anos entre o 2001 e o 2021.

Na ESS do 2017, a Administración Trump definía China e Rusia como potencias revisionistas e negaba o cambio climático o que permitía prever a retirada dos EUA do Acordo de París en 2020. No mesmo documento non aparecía o concepto comunidade de nacións, de uso previo, o que daba por sentado un escenario mundial competitivo no que a primacía dos EUA dependería dunha política agresiva contra as potencias revisionistas.

Política nova e vella

O ESS de 2022 reitera o carácter indispensábel dos EUA e a necesidade que o mundo ten do seu liderado, nomeadamente en momentos como os actuais onde a guerra en Ucraína e a crecente gravidade dos problemas comúns, coma o cambio climático, a inseguridade alimentaria, as pandemias, o terrorismo, a crise da enerxía e a inflación, demandan unha orientación correcta e un liderado firme para enfrontalos. Rematada a amigábel post-Guerra Fría, compría plantarlle cara ao imperialismo ruso (literal) e as ambicións de China. O de capitalismo contra comunismo pasou a historia porque agora o lema é democracia contra autocracia. As potencias revisionistas e os seus aliados ou asociados (como Irán ou a República Popular de Corea, aos que suman Cuba, Venezuela e Nicaragua) queren construír unha nova orde mundial xa non fundada en leis coma as que foran alicerce dos EUA (non se indica a quen favorecían eses principios) porque o que procuran establecer a súa primacía no terreo internacional e derrotar a democracia no mundo para proveito de reximes autocráticos, corruptos e violentos.

Un revisionismo global que distingue, con todo, entre Rusia e a República Popular Chinesa: a primeira, da man de Vladímir Putin, representa unha ameaza inminente para o sistema internacional libre e aberto, e despreza as regras básicas da orde internacional actual, como demostrou a súa brutal guerra de agresión contra Ucraína. Mais a propia letra da ESS 2022 indica que o desafío é relativo como se pode ver no fracaso da invasión rusa a Ucraína. Os autores do documento subestiman o poderío militar de Rusia que, como aseguran expertos norteamericanos, só en foi empregado en parte en Ucraína. O informe recoñece que a República Popular Chinesa é o competidor que ten verdadeiro propósito de remodelar a orde internacional e que conta, con crecente poder económico, diplomático, militar e tecnolóxico para avanzar no logro dese obxectivo. Isto é, que o rival a vencer é China, dando por feito que Rusia ficará nun plano marxinal a causa da aventura ucraína.

Comparando versión previas da ESS, chama poderosamente a atención que, por primeira vez Latinoamérica e o Caribe ocupan unha posición de privilexio desprazando ao Indo-Pacífico, Europa, Oriente Medio e África. No sumario din textualmente que ningunha rexión impacta aos Estados Unidos máis directamente que o Hemisferio Occidental, porque da súa estabilidade democrática e institucional os EUA tiran beneficios económicos e de seguridade. O documento anuncia que xuntos apoiaremos unha gobernabilidade democrática efectiva e protexeremos á rexión contra a interferencia ou a coerción externas, sexa da República Popular Chinesa, Rusia ou Irán, ao tempo que é o noso propósito favorecer a autodeterminación democrática dos pobos de Venezuela, Cuba, Nicaragua e calquera país onde se suprima a vontade popular. Por suposto, a palabra bloqueo non aparece nas 48 páxinas do texto, e só falan de sancións económicas cando se refiren ás que aplican a Rusia, China e Irán, non ás que maltratan a Cuba, Venezuela e Nicaragua.

A un ano do bicentenario da Doutrina Monroe, Washington recoñece que Latinoamérica (a nosa veciñanza, como dixera a Sra. Laura Richardson, Xefa do Comando Sur) será protexida da ambición e a cobiza doutros actores internacionais dispostos a saquear as súas inmensas riquezas naturais.

Enténdese que para a Casa Branca é obxectivo primordial manter a China, Rusia e Irán (e tamén a outros países grandes demandantes de recursos naturais como a India) lonxe destas latitudes e en todos os terreos: económico, tecnolóxico, militar, diplomático e cultural. Ante o inexorable derrube da vella orde mundial, Washington quere asegurar que a súa reserva xeopolítica estratéxica permaneza fóra do alcance das potencias revisionistas, como xa adiantaran lucidamente Fidel e o Che.

Explícita renovación da vontade norteamericana de intervir aínda máis profundamente nos asuntos internos dos países da área para evitar que mans incorrectas podan facerse coas súas riquezas. A continua expansión das bases militares de EUA na rexión (incluíndo a que ilegalmente se atopa en construción en Neuquén) é o espello desta política.

O ESS 2022 anuncia unha arremetida de armas tomar contra Latinoamérica. Ningún goberno poderá ignorar esta ameaza.

Tradución a Galego para TSA de Amy Codesedo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *