Liberdade para o diplomático venezolano Alex Saab, preso político nos EUA

O país que rexenta a prisión ilegal de Guantánamo, vai xulgar a partir do día 12 de decembro de 2022 ao diplomático venezolano Alex Saab. O seu delito: xestionar a compra de alimentos, medicinas e bens básicos para o pobo de Venezuela durante a crise de abastecemento sufrida a causa do bloqueo económico imposto por Estados Unidos.

O diplomático Alex Saab fotografiado co uniforme de seguridade da cadea Federal de Miami, no momento de ser encerrado ilegalmente polo goberno dos EUA en 2018.

Un decreto do departamento do Tesouro dos EUA estase aplicando en todo o mundo de forma totalmente irregular, pois ese organismo non debería ter xurisdición fóra das fronteiras de EEUU. Ocorre que ao facerse as transaccións internacionais en dólares, poden resultar castigados terceiros estados que realicen intercambios económicos en dólares con Venezuela.

Neste contexto Alex Saab foi nomeado en abril de 2018 diplomatico coa categoría de Enviado Especial do Goberno de Venezuela para xestionar a compra de suministros básicos.

O 12 de xuño de 2020, Alex Saab realiza unha viaxe internacional co encargo do Goberno para a compra de bens de primeira necesidade. O avión de Alex Saab fai escala en Cabo Verde para repostar, e o diplomático é detido sen ningunha  orde de arresto internacional nese momento. A súa detención polo tanto é absolutamente ilegal ao non existir no momento da súa detención en Cabo Verde ningún fundamento legal que a xustifique.

Durante a súa detención sufre torturas por parte de varios axentes da CIA que lle chegaron negar auga e atención médica.

A apertura do procedemento penal aberto nos EUA vulnera o artigo 14b) da Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas de 1961, ao non respectar a inmunidade diplomátic. Pero sobre todo o proceso penal aberto nos EUA é unha resposta á frustración de ver que o Goberno de Venezuela era quen de romper o bloqueo contra a vontade imperialista.

Por todo iso esiximos ao Goberno dos EUA a liberación de Alex Saab, porque este proceso que non solo viola a Convención de Viena de 1961 senon que tamén pretende impoñer a súa lei do “imperio “ en todo o mundo.

Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez

Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *