MÁIS DE 200.000 MEXICANOS ALFABETIZADOS COA AXUDA DE CUBA

Existen cuestións que non se poden explicar baixo a óptica capitalista. Hai accións realizadas de acordo a determinados principios, que non contemplan ningunha satisfacción económica. Nun mundo no que a cada cousa ténselle asignado un prezo e incluso criminalízase calquera iniciativa que pretenda saltarse as leis do mercado, estas accións solidarias realizadas polo ben común non só son infrecuentes, tamén son perigosas.

Para os amos dos recursos e do coñecemento, o perigo é o exemplo-o mal exemplo-que supón a existencia de persoas, organizacións ou gobernos que cuestionan co seu traballo o modelo económico capitalista. Na súa lóxica, a educación e a cultura son só parcelas máis onde é posible investir e sacar abultados beneficios. Unha maneira perversa de marxinar ainda máis a quen non teñen recursos económicos.

Sen embargo, quen consideran que non hai igualdade social posible sen igualdade de cultura, poñen o seu empeño en concretar esa fermosa frase mediante un programa levado á práctica. E así, en México traballan máis de 100 educadores culturais cubanos
Co obxetivo de conquerir que deceas de miles de persoas poidan chegar a ler e escribir.

Durante o ano pasado (2005) uns 200. 000 mexicanos foron alfabetizados e máis de 130. 000 estudantes de educación primaria e secundaria beneficiáronse dos programas de alfabetización “yo si puedo” (Alfa-TV ), para “ el Mejoramiento de la Calidad Educativa de la Enseñanza Básica” (MECE) e na atención ós nenos de ata seis anos, polas vías non formais

Ámbolos dous programas contan con algúns anos de experiencia en México implantándose nas zonas onde se observaron as maiores deficiencias en materia educativa. En concreto, o programa de alfabetización “yo si puedo”, concebido en Cuba e adaptado completamente as condicións de México, aplicouse o pasado ano nos estados de Michoacán, Oaxaca, Veracruz, Nayart, Tabasco e na Delegación Gustavo A. Madero do Distrito Federal, cuns resultados moi positivos.

Este orixinal sistema –eloxiado pola Unesco- estase levado a cabo nunha decena de países e consiste en 65 video-clases (unha especie de serial televisivo), unha cartilla e un manual para os chamados facilitadores, encargados de conducir o programa cos analfabetos . Os educadores cubanos teñen como misións a formación destes facilitadores e a asistencia no desenvolvemento do Programa, que está calculado para ser levado a cabo en sete semanas en condicións óptimas.

O desenvolvemento desta cooperación foi posible gracias ós acordos directos suscritos entre o goberno cubano e algúns dos estados mexicanos, coa participación de concellos, institucións, asociacións civís e partidos políticos. A sinatura, por exemplo, do convenio co goberno de Oaxaca permitiu no 2005 que máis de 150. 000 habitantes de 270 comunidades rurais abandoaran o analfabetismo e espérase que no 2007 esa asistencia chegue a máis de 400. 000 oaxaqueños.

Os resultados obtidos son máis que notables, e así foi recoñecido pola Unesco e polas autoridades educativas e políticas mexicanas. Segundo Pedro Pino, responsable cubano para a supervisión destos plans de colaboración pedagóxica, o modelo cubano” é máis económico, dá maiores resultados, é un método que propicia unha participación máis directa de educadores e educandos e establece un riguroso control da docencia”.

Cando algún día sexa escrita a enciclopedia mundial da infamia, terá que ser lembrado o silencio ó que os medios de propaganda capitalista someten estas e outras iniciativas semellantes, e a ignominiosa terxiversación da realidade para presentar os médicos e educadores cubanos no extranxeiro como espías infiltrados, adoutrinadores de incautos.

Fonte: Rebelión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará