Máis estudantes pobres dos EUA poderán formarse coma médicos en Cuba

Cubadebate – Terra Sen Amos
Máis estadounidenses sen recursos poderán estudar a carreira de médico en Cuba sen ter que empregar anos de traballlo para saldaren un crédito bancário privado que supera un carto de millón de Euros, única saida dos coitados que queren seguir estudos superiores. A atención médica cubana universal, reverso do capitalismo das armas, atrae a Escola Latinoamericana de Medicina (ELAM), estudantes de América, Africa e Asia. Dende 1999,  a ELAM ten un programa de bolsas para cursar en Español a carreira de sete anos de medicina co compromiso de os estudantes prestaren os seus servizos en comunidades marginadas. Máis de 25,000 médicos de 84 países formáronse na ELAM, dos que 25 procedian dos EUA e traballan agora en Nova York, California, Novo México, Mississippi, Louisiana, Illinois, Ohio e Xeorxia.

O alumnado estadounidense da ELAM vai aumentar co restablecimento de embaixadas.
O alumnado estadounidense da ELAM vai aumentar co restablecimento de embaixadas.

Un documental realizado nos Estados Unidos por Kunle Ekunkonye, descrebe nunha hora e 40 minutos a fazaña da ELAM, nun país onde as farmacias e hospitais poden ter andeis valeiros, como a vocación solidária da medicina compensa caréncias e fai máis con menos. A reportaxe dá conta dos princípios e funcionamento da saúde pública de Cuba, e asegura o sistema ter resultados iguais ou mellores ca nos EUA, que depois de gastar 3,4 miles de millóns de dólares en saúde en 2014, presenta flagrantes disparidades sociais nos indicadores de saúde. O autor da reportaxe afirma: “O governo de Cuba gasta unha fracción do orzamento estadounidense para saúde e obtén resultados superiores mediante atención preventiva, con médicos en todos los barrios e permanente educación para a saúde e hábitos hixiénicos de vida”.

Kunle Ekunkonye viaxara a Cuba en 2012 por visitar o seu irmán, aluno na ELAM, e concebiu a idea de explicar aos estadounidenses nun documental o sistema de saúde de Cuba, socialista, próximo, universal, de acceso libre e de resultados visibeis. O autor pretendia acordar a conciencia dos seus connacionais sobre a opción superior da saúde, cando se aborda dende perspectivas non coincidentes coas do interese privado. A súa maior sorpresa na viaxe a Cuba foi a de atopar unha poboación activa, optimista e rebordante de saúde e enerxía,  mália ter problemas de recursos.

O documental comeza a circular nos EUA cando o seu sistema asistencial presenta caréncia crónica de profisionais e o futuro do Obamacare está entre as preocupacións sobranceiras da campaña presidencial: Hillary Clinton defende a reforma de saúde de 2010 promovida por Obama, mentres Donald Trump promete eliminala.

http://www.cubadebate.cu/noticias/2016/07/20/estudiantes-pobres-de-eeuu-se-multiplican-en-programa-medico-cubano-video/#.V5CnK6LLPIU

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *