Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

Iroel Sánchez – La pupila insomne.

Celebridades e eminencias de todo o mundo expresan o seu apoio aos Cinco anti-terroristas cubanos presos nos Estados Unidos. Endosando a carta dirixida por un coro de notábeis norteamericanos ao presidente Obama, estas novas personalidades erguen a súa voz para que remate a tortura dos Cinco.

“Pedímoslle que despois de revisar os feitos deste caso e tomar en consideración o longo tempo pasado por estes homes na cadea, outorgue aos Cinco Cubanos unha Clemencia Executiva para poideren regresar ao seu país, aos seus fogares e as súas familias,” reza a misiva avalada pola escritora Alice Walker e a súa conterránea a ex congresista estadounidense Cynthia MacKinney e máis por nomes do mundo a representación coma os actores Danny Glover, Martin Sheen, Susan Sarandon, Sean Penn e Benicio del Toro; os directores de cinema Oliver Stone e Michael Moore, os músicos borincanos Olga Tañón, Andy Montañés e Calle 13 amais de Miguel Bosé e Willy Toledo.

Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os CincoPremios Nobel coma o nixeriano Wole Soyinka e o arxentino Adolfo Pérez Esquivel súmanse a este reclamo, á beira de personalidades internacionais coma o arquitecto brasileiro Oscar Niemeyer, o filólogo Noam Chomsky e o escritor Eduardo Galeano.

Dende Miami, a mesma cidade na que se argallou a condena aos cubanos que traballaban para previr actos terroristas en Cuba e nos Estados Unidos, René Pérez e Eduardo Cabra, da popular agrupación Calle 13 adheríronse a este reclamo. Durante a súa visita a á Illa, os integrantes de Calle 13 visitaron a familiares de Os Cinco para lle expresaren apoio.

Dende a cidade floridana, na que está a gravar un disco, René Pérez tratou de axudar a persoas que dormen na rúa e sinalou que non vira nunca esa vergoña en Cuba.

Algunhas axencias de prensa (EFE e AP , entre outras) comezan a referirse a esta carta da que aínda a maioría dos grandes medios se resiste a dar conta. En relación con Cuba, Obama ten varias respostas pendentes, incluíndo a que debe ás compañías Nokia , Verizon e AT&T , que lle solicitaron eliminar as restricións para vender as súas tecnoloxías de telecomunicacións á Illa.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas condenou repetidamente e por maioría aplastante a política de bloqueo de Estados Unidos cara ao país caribeño.

A pesar do silencio da chamada grande prensa sobre o caso, Os Cinco -que levan doce anos en cárceres norteamericanos- son coñecidos de xeito crecente en todo o mundo e a súa causa convoca apoios nos máis diversos lugares.

O coñecido trobador cubano Silvio Rodríguez dedícalles sempre unha canción nos seus concertos. En todo o mundo aumentan as reclamacións de liberdade para os Cinco baixo a forma de cartaces, publicacións monográficas, libros e mencións públicas. Só as redes de información submisas ao poder económico norteamericano ignoran escandalosamente a crecente protesta internacional pola inxustiza infrinxida aos Cinco.

Fonte: la pupila insomne

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará