Manifestación solidaria con Cuba en Madrid

“Defendemos Cuba pola solidariedade, a paz, a vida e a democracia verdadeira”, dixo Carlos Tena no remate da manifestación celebrada domingo no centro de Madrid a prol da Revolución baixo o lema “Cuba non está soia”. Milleiros de persoas foron defender a independenza e o socialismo en Cuba e criticaron o renovado cerco dos medios capitalistas de toda a UE, e en particular do Estado español.

Corenta organizacións respaldaron a marcha. No remate Alicia Hermida e Willy Toledo denunciaron o cerco dos altifalantes do poder financeiro contra Cuba e os paises de América Latina que defenden unha politica independente e soberana fronte o imperialismo dos Estados Unidos e da UE. No manifesto salientouse que os que bombardean a opinión pública en presunta defensa dos dereitos humanos son cabezaleiros dos terroristas e torturadores en Guantánamo, Abu Ghraib, a Palestina ocupada asi como nas cadeas e comisarias do Estado español.

Manifestación solidaria con Cuba en MadridO manifesto recorda que a potencia desmesurada que se aplica dende hai cincuenta anos contra a Revolución, non deu derramado os resultados da política socialista cubana, situada hoxe de par dos paises desenvolvidos nos índices de progreso humano.

Na manifestación escoitáronse lemas en defensa dos cinco antiterroristas ilegalmente detidos nos Estados Unidos e a prol de Cuba coma referente de dignidade e espello dos movimentos de liberación de América Latina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *