Maratón Mediática de Europa por Cuba contra o Bloqueo

SARA ALBA –Terra Sen Amos

 A canle Europa por Cuba acolle esta fin de semana unha MARATÓN MEDIÁTICA para denunciar o Bloqueo estadounidense contra a illa, o mais longo que se recorda na historia contemporánea, con sesenta anos e trece retratos sucesivos de ocupantes da Casa Branca que prometen a anexión de Cuba. O foro acolle opinións de particulares e entidades de varios continentes que expresaron súa vontade de corresponder con Cuba, a irmá solidaria que ten enviado brigadas a todo mundo, incluso ao norte de renda alta, en tempos de emerxencia.

O motivo escollido para esta MARATÓN é o de REPRESENTAR CUBA 24 HORAS SEN BLOQUEO.  O tempo dun dia sen o cerco infernal co que lle estorban a economía, a relación co resto do mundo, a provisións regular de alimentos, enerxía, tecnoloxía e recursos clínicos e farmacéuticos dende hai seis décadas. Se traducimos o custe desa política de asfixia extraterritorial en capacidade de pago del país, só durante 1.440 minutos en que beneficios socioeconómicos se podería expresar?

Escolleremos os sectores de Saúde e Transporte. No informe que Cuba presenta anualmente ante a Asemblea Xeral  da ONU, as afectacións do bloqueo están expresadas de dúas maneiras: a prezos correntes e tomando en conta a depreciación do Dólar con relación ao ouro no mercado internacional.  O prexuizo en danos acumulados durante 57 anos é de 138.843.400.000 $; tomando en conta a depreciación do Dólar norteamericano, os danos acumulados son de 922.630.000.000 $. O custe promedio anual é de 16.186.491.228 $ e o custe promedio diario de 44.346.551 $. O custe diario ven sendo de 12.000.000 $

En saúde: un dia sen bloqueo significaría o tratamento durante cinco anos de 194.371 persoas con diabetes que hai en Cuba;  o  pais podería tratar  durante un ano e catro meses 308.037 persoas doentes de diabetes, cancro, enfermidades hematolóxicas, párkinson e epilepsia.

Para medios colectivos de transporte: un dia sen bloqueo permitiría a compra  de 17 locomotoras; 73 vagóns de pasaxeiros; 173 autobuses articulados ou 351 autobuses de dúas portas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *