Martí, autor intelectual da Revolución Cubana, homenaxeado en Vigo

Arredor da figura de José Martí nos xardíns de Montero Rios de Vigo, xuntáronse sábado 29 amigos e amigas de Cuba, representacións da República Bolivariana de Venezuela, da República Oriental do Uruguai e da República Arxentina, que acudiran a celebrar o 158 aniversario do nacemento do poeta e pai da independenza cubana.

Alejandro D. Fuentes representou no acto ao Estado Cubano.

Inhaqui Solla Covelo, em representación da Xunta Directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, anunciou o protocolo da homenaxe e invitou a unha asociada a realizar a ofrenda floral ao pé de monumento.

Martí, autor intelectual da Revolución Cubana, homenaxeado en VigoJosé Martí é o paradigma do internacionalismo , do senso ético, da defensa da identidade cultural e nacional dos povos, sinalou o cónsul de Cuba en Galiza, Alejandro D. Fuentes. “O Herói denunciou com claridade o nacente imperialismo, denunciou a dependendenza e chamou a realizar a segunda e definitiva independenza dos povos de América do xugo colonial” dixo o representante de Cuba.

O poder luminoso das ideas de José Martí, sementaria poucos anos depois na Xeración do Centenário que reclamou respecto, liberdades e independenza e que agromou a seguir na xesta do Moncada e, en breve, na situación revolucionaria do primeiro de xaneiro de 1959, na que non sería máis posíbel a explotación imperialista.

Jamila Purofilin puxo despois voz a unha selección dos “Versos Sencillos” de Martí, coa axuda do sentido do natural e do mais sensibel respecto póla forza propia da poesia co que logrou un clima de alta emoción perante a bela imaxe do poeta, realizada en 1988 polo artista cubano Jorge Negrín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará