Médicos, académicos e investigadores de Canadá e os EUA, defenden a colaboración con Cuba contra a pandemia

REDEH – Terra Sen Amos

A campaña Colaboración entre Estados Unidos, Cuba e Canadá para loitar contra a Covid-19 fixo público 30 de Abril que máis de 200 profesionais da medicina, académicos, funcionarios e residentes de EEUU e Canadá apoiaron unha declaración na que solicitan a colaboración médica, clínica e científica con Cuba, a incorporación do Interferón Alfa 2B Recombinante de Cuba en ensaios clínicos asi como pór fin aos intentos de impedir que outros países acepten a asistencia médica cubana. Tamén demandan a anulación das medidas que impiden que Cuba importe equipos médicos e medicamentos de EE.UU.

O Roswell Park Comprehensive Cancer Center, de Buffalo (Nova York) xa ten permiso da Food and Drug Administration para aplicar patentes cubanas contra o cancro.

As persoas que colaboran neste traballo conxunto defenden a solidariedade e a colaboración como esenciais no intre de o planeta loitar contra a pandemia. Entenden que non se pode deixar de lado ningunha fonte de coñecementos para defenderen vidas contra esta nova praga. Ante a catástrofe provocada pola epidemia que vive a humanidade culifican de inmoral o bloqueo de recursos médicos en razón da súa procedencia.

O doutor Michael Osterholm, Director do Centro de Investigación e Política de Enfermidades Infecciosas da Universidade de Minnesota e un dos expertos en saúde máis respectados do país, apoiou a inclusión do Interferón Alfa 2B de Cuba nos ensaios. Dixo: “Todos os medicamentos posibeis deben ser evaluados rápida e exhaustivamente sen importar o país que os produza”.

A colaboración médica entre entidades dos EUA e Cuba ten precedentes. O recente programa de PBS Nova, Cuba’s Cancer Hope, repara na asociación de Cuba co Centro Integral de Cancro de Roswell Park para un ensaio da Food and Drug Administration (FDA) da vacina cubana contra o cancro de pulmón Cimavax-EGF. En 2016, o Servizo de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos, asinou un memorando de entendemento co Ministerio de Saúde Pública de Cuba, sentando as bases para a  colaboración clínica. En 2017 catro médicos cubanos chegaron á Universidade de Illinois para traballaren na disminución da estatística de morte materno infantil de Chicago. (http://www.terrasenamos.org/o-asesor-cientifico-de-biocubafarma-recorda-o-exito-da-primeira-empresa-mixta-cubano-estadounidense-de-farmacia/)

As estatísticas comparativas de Covid-19, dos dias 21 e 22 de abril pasado, entre a poboación da cidade de Detroit, de 670.000 habitantes, e a de Cuba, de 11,3 millóns, avala a importancia da experiencia cubana. “Representando só o 6 por cento da poboación de Cuba, Detroit sufriu 18 veces máis mortes”, dixo Cheryl LaBash, do Miller Grove Block Club,  no noroeste de Detroit. “Non podemos desprezar recursos que poidan salvar vidas”.

A Red Nacional de Solidaridad con Cuba con base nos Estados Unidos (NNOC.info) e a Red Canadiana de Solidariedade con Cuba (canadiannetworkoncuba.ca) traballan por este obxectivo común.

SavingLives.US-CubaNormalization.org

Correo electrónico: SavingLives@US-CubaNormalization.org

Comité Internacional Paz, Justicia y Dignidad a los Pueblos

510-219-0092 | info@TheInternationalCommittee.org | Website



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará