Minneapolis require do Congreso e de Trump o cese do Bloqueo

Nadia Bouzas (Jacksonville – Florida)

O Concello da cidade estadounidense de Minneápolis, no Estado de Minnesota, requeriu do Congreso e do presidente Donald Trump o cese do bloqueo económico, comercial e financeiro contra Cuba. A resolución do goberno da cidade tamén demanda  ao titular da Casa Branca o progreso da política de achegamento á illa iniciada pola seu predecesor, Barack Obama. A moción, unanimemente aprobada polos 13 membros do Concello, reclama igualmente o remate das restricións impostas aos estadounidenses para viaxar a Cuba e insta a reincorporar a diplomáticos de Estados Unidos e Cuba nas súas embaixadas de Habana e Washington, respectivamente.

O bloqueo de recursos médicos de ultima xeración, é particularmente dañino para as doentes de Cuba.

Recén chegado á presidencia, 20 de xaneiro de 2017, Trump anunciara o seu propósito de recuperar os termos da política de cerco contra Cuba e, en agosto, acusou ao Goberno Revolucionario de permitir ou tramar un ataque sónico sobre os diplomáticos dos EUA na recén recuperada embaixada.  Porén, o FBI revelou que acusación carecia de base. Depois de coñecer os resultados da investigación sobre a denuncia de Rex Tillerson ministro de Estado dos EUA e do propio Trump, formulada en agosto pasado, a Comisión de Relacións Exteriores do Senado anunciou que non habia evidencias de danos nos 24 diplomaticos norteamericanos da legación da Habana que denunciaran lesións causadas por presuntas armas sónicas ou de alta frecuencia.

En nome da comisión, Jeff Flake, senador republicano por Arizona, chamou a distender as relacións con Cuba e viaxou a Habana para dar conta ao goberno da illa do resultado da investigación. A illa padece, pola contra, a aberta hostilidade e entrometemento dos promotores do ilegal Bloqueo que vai xa para 56 anos.

A primeiros de marzo último, a chanceleria de EUA dixo que continuara a redución do persoal diplomático na capital cubana, pese aos chamados de varios grupos a revertir o problema. O número de diplomáticos que ficou en Cuba resulta similar ao nivel de urxencia mantido logo da orde de partida do 29 de setembro,  cando Washington retirou a máis da metade co argumento dos ataques sónicos desmentidospolo FBI.

Minneápolis e a decimosexta cidade dos EUA en importancia, con un área metropolitana de cinco millóns de habitantes. O voto por aclamación do seu Concello contra o Bloqueo, súmase ao doutras cidades de California, Massachusetts, Connecticut e Montana. Xuño de 2015 o senador demócrata Patrick Leahy, presidente emérito de la Cámara alta, anunciou que a maioria da Cámara coidaba que chegara a hora de arriar o bloqueo e denunciou que o xenocida cerco só era defendido por algún grupo de presión relacionado coa contra. A seguir esta declaración, representantes do Comité de Relacións Exteriores confirmaron a opinión de Leahy.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará