Multiplícanse as denuncias pola proliferación de vertedoiros á beira de obras privadas

Iroel Sánchez – La Pupila Insomne    
A impunidade premia o delito, induce á súa repetición e faille propaganda: estimula ao delincuente e contaxia o seu exemplo (Eduardo Galeano)
Vintetrés de xuño, diario Granma publicaba unha noticia sobre a rendición de contas dos Delegados do Poder Popular aos seus electores. O texto da información daba conta de “micro-vertedoiros, contaminación sonora e maltrato á propiedade social, manterse como asuntos máis debatidos nos debates sobre indisciplinas sociais”. Decembro de 2015, outra información do diario Granma citaba máis de 100.000 mocións, no proceso de rendición de contas anterior e perto da metade “ter relación con ilegalidades e in­disciplinas”.

O autor do artigo alármase ante de o feito de tratar por igual a actores sociais desiguais, o que ve como unha nova desigualdade xa que o povo non ten por que pagar a indisciplina privada.
O autor do artigo alármase ante de o feito de tratar por igual a actores sociais desiguais, o que ve como unha nova desigualdade xa que o povo non ten por que pagar a indisciplina privada.

A conmoción provocada polo discurso do Presidente Raúl Castro perante a Asemblea Nacional hai tres anos, denunciando o feito de  “terse abusado da nobreza da Revolución, que non deu botado man do uso da forza da Lei, por xustificado que fora, preferindo o poder de convicción e do traballo político, o cal, debemos recoñecer, non sempre deu resultado”, e por esta crítica non ser acompañada polas institucións da Revolución de xeito eficaz. Hoxe, a situación denunciada mantense igual ou empeorou.

Dende hai un tempo, a alarma por estes problemas nos espazos públicos supera a outorgada a carencias materiais na vida dos cubanos, coma a vivenda, os viais ou o alumado público, sen apreciar unha estratexia efectiva de solución, tanto na comunicación como na coerción legal que poña remedio ao feito dunha minoría impor de xeito impune o seu arbitrismo e comportamento abusivo en detrimento da maioría.

Nos grandes investimentos, prevese o crecimento da actividade económica non implicar un aumento do deterioro ambiental, pero non son poucas as cafeterías e agro-mercados -estatais ou non- cuxos arredores convertéronse en vertedoiros de lixo sen que se esixa aos administradores ou donos responsabilidade por iso.

Hai un ano, na Asemblea nacional, as inquedanzas máis recorridas polos deputados nas comisións permanentes foran os roubos, o acaparamiento e a corrupción na venda de materiais de construción, no funcionamento de piscinas privadas en territorios que padecen seca e a contaminación con entullo ou lixo doméstico procedente de luxosas construcións particulares.

Ninguén obriga ao titular dunha licenza de construción a presentar un contrato para esvaciar o entullo, e tamén non existe unha entidade á que se lle poida solicitar, nin quen establece un negocio necesita pagar licenza ambiental senón que recarga os xa insuficientes servizos de recollida de rebotallos sen pagar un centavo.

Como acontece cos servizos de auga e gas manufacturado, o Estado devén en xerador involuntario de achegas para actividades con fin de lucro. Ao equiparar os servizos básicos que se subsidian para a poboación co uso destes con fins lucrativos, non se dá feito senón incrementar a desigualdade antes situada como alvo de diminución por medio dos impostos. O trato igualitario neses servizos a actores sociais desiguais, non fai máis que multiplicar a desigualdade, a maiores de derramar o servizo común.

Os que vexan algún extremismo no parágrafo denanterior deberían ler un dos ideológos da Ilustración, Jean Jacques Rousseau, quen afirmou: “Entre o forte e o débil, a liberdade oprime e a lei libera”. A economía non estatal ten moito que aportar en Cuba pero as regras, e a súa aplicación, deben madrugar para contribuiren ao benestar colectivo e a solidariedade da sociedade na que se insire.

A comunicación sobre o que chamamos indisciplina social -que non é máis que a aplicación individual ou grupal da lei da selva do capitalismo en condicións de atraso- non xoga un rol disuasivo porque case nunca alude ao costo para o infractor de agredir a convivencia cidadá e deteriorar o espazo público, amais de empregar canles dos que está fóra unha parte significativa das audiencias, especialmente a mocidade. Por outra banda, as penalizacións previstas na lexislación datan de máis de dúas décadas, cando a realidade económica era radicalmente distinta e unha multa de cinco pesos cubanos podía ser un factor disuasivo de tais comportamentos.

A efectividad da recente campaña pola erradicación do mosquito Aedes Aegypti para evitar a propagación de enfermidades como dengue, zyka e chikunguya, proba a resposta positiva do povo ao ser mobilizado con argumentos, información acaida e coheréncia na imposición da Lei. Nada diso será sostíbel sen combinar a promoción dunha cultura de respecto ambiental e coidado do espazo público, con responsabilidades diferenciadas e castigo proporcional a quen a vulnere.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *