Na briga centenária de Cuba pola independéncia, Obama é só un lance

Fernando Martinez Heredia – Granma

Abraido e furioso pola liberación cubana en 1959, Estados Unidos emprendeu outra guerra contra Cuba na que aplicou todos seus recursos. Endebén, a Revolución asinou con sangue o seu socialismo cubano e venceu en Girón; con heroísmo incomprensibel para eles o povo fíxose Maceo na Crise de Octubro. Estados Unidos iniciou daquela unha forma de guerra sistemática, ilegal e inmoral contra Cuba, que continúa deica hoxe.

"Depois de Girón, EUA comezou unha forma de guerra sistemática, ilegal e inmoral, que continúa deica hoxe",escrebe Martínez Heredia.
“Depois de Girón, EUA comezou unha forma de guerra sistemática, ilegal e inmoral contra Cuba, que continúa deica hoxe”, escrebe Martínez Heredia.

Hai menos de dous anos comprendeu derradeiramente que nunca daría vencido dese xeito, e mudou súa estratéxia. Daquela, libra contra nós unha guerra cultural, unha ofensiva na que é mestre e para a que conta con arsenais fabulosos e meios que semellan fuxidíos e inabarcábeis.

Nesa guerra está a breve visita a Cuba do presidente dos Estados Unidos. Como é cultural, comprende médios de comunicación, imáxes, rexoubas, titulares, sorrisos, alardes, paseios, pelota base e lenes promesas de próspera paz. Como estamos en guerra, entran reclamos de concesións políticas adubiadas no costureiro imperialista, procura de de cordialidades, scoutismo e empresarios sorridentes e prometedores. Unha guerra do século XXI.

Por riba dos seus motivos personais, Barack Obama é só actor dun lance nun drama trascendental: a briga centenária de Cuba pola independéncia, a liberdade e a xustiza. Adversários tivemos arreo, dende os máis mirados deica o máis miserábeis, porén o lugar histórico de cadanseu estableceuno a prática revolucionária do povo cubano.

Obama é xa que logo importante no breve lance do grande drama no que nos tocou actuar. Se cadra pode aspirar a ser recordado pola súa boa actuación, ou pode perder a súa oportunidade e esvair no esquecemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará