Nicolás Maduro é o home de 2019, por moito que non o vaia proclamar Time

Iroel Sánchez – Cubadebate

Por moito que non o vaia contar a revista Time, Maduro é o home do ano. Dirixiu a resistencia a unha das maiores ofensivas imperialistas da historia: súa foi a iniciativa e mantivo a unidade das forzas revolucionarias internas e as alianzas internacionais a prol do multi-lateralismo, a soberanía e os intereses populares.

O dia 4 de xaneiro de 2019, os gobernos do hoxe en manifesto debalo do Grupo de Lima anunciaban que a partir do 10 dese mesmo mes, – deixarían de recoñecer ao goberno bolivariano como o representante do pobo venezolano. Nesa data, logo de gañar unhas eleccións con participación e maioría superiores ás que obtiveran os líderes que o cuestionaban, Nicolás Maduro sería proclamado Presidente de Venezuela.

A partir dese momento, os ataques,sancións e declaracións contra o goberno de Maduro chegaron de arrebato e sen descanso, de man alzada do goberno dos EUA, nas voces do seu presidente, vicepresidente, secretario de Estado e Conselleiro de Seguridade Nacional.

O recoñecemento, prestado por Washington e un grupo dos seus aliados, a un presidente auto-proclamado en oposición a Maduro, máis as sancións económicas, que implicaron dende a confiscación de fondos do Estado Venezolano depositados nos EUA, Latinoamérica e UE,  por miles de millóns de dólares, até o cerco do comercio e finanzas bolivarianos en todo o mundo; as teimudas conspiracións contra os militares para armar un golpe de Estado, a falsificación por sistema de toda información referida ao pais, conforman un escenario no que se empregaron todas as armas da guerra de cuarta xeración.

O punto culminante foi o plano para violar as fronteiras venezolanas desde Colombia e Brasil combinando o uso da violencia e a presunta entrega dunha axuda humanitaria sen contar coas autoridades do país, a fabricación de incidentes para culpar deles ao goberno bolivariano, un concerto con cabezas das listas comerciais da música latina e a presenza alí de varios presidentes latinoamericanos xunto ao senador cubano-americano Marco Rubio, que tuiteaba alporizado imaxes do descuartizamiento do líder libio Gadaffi. Un mes despois, a sabotaxe ao sistema eléctrico nacional que deixou sen electricidade todo o país durante días.

É pola magnitude deses feitos e desafíos que compre  medir o éxito de Nicolás Maduro:

1. Logrou manter a unión cívico miltar e multiplicar as milicias populares que suman xa tres millóns de membros.

2. A produción petrolera empezou a recuperarse logo de caer a 700 000 barrís diarios, superando o millón cen mil, ao que se suma un incremento substancial nas exportacións de ouro.

3. A oposición atópase hoxe máis dividida que nunca, con varios deputados opositores que acusan de corrupción ao autoproclamado presidente interino. Unha parte importante deles sumouse a un acordo co goberno para estabilizar políticamente o país.

4. A situación de violencia, desabastecimiento, grandes colas e hiperinflación galopante foi superada, e o país, aínda con grandes dificultades, vive nun ambiente de estabilidade.

5. A crise do neoliberalismo sacou ás rúas grandes protestas en Ecuador, Chile e Colombia, países que se sumaron ao cerco liderado por Washington contra Venezuela.

6. O golpe de Estado en Bolivia é una licción para as esquerdas da necesaria unidade das forzas revolucionarias asi como de resistir a tentación de facer ningún xénero de concesións aos peóns de Washington.

7. Dende a celebración en xullo do Foro de Sao Paulo en Caracas, Venezuela lidera un proceso de concertación de forzas de esquerda en Latinoamérica e máis alén, que está rearticulando movementos sociais e forzas progresistas, cuxo máis recente resultado é o lanzamento dunha Universidade Internacional da Comunicación para dotar aos comunicadores de base das ferramentas tecnolóxicas e cognitivas para a loita ideolóxica dos nosos días.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará