“Non é admisíbel permanecer calados ante a irracionalidade criminal do Imperio contra o pobo de Cuba”

Ignacio Ramonet, periodista, Galiza; Hernando Calvo Ospina, escritor, Francia; Atilio Borón, sociólogo, Arxentina e Fernando Buen Abad, filósofo, México.

Hai meses, foi iniciativa nosa recadar sinaturas de personalidades científicas, políticas, artísticas e intelectuais, con liderados sociais e compromisos humanistas profundos, para difundir sen fronteiras unha protesta indignada contra o bloqueo que os EUA mantén contra Cuba dende hai máis de sesenta anos.  De a pouco, algúns medios teiman en sinalarnos a nós catro por esa misiva de protesta e precisan que formamos parte do aparello de propaganda cubana. Hoxe é a nosa vontade ratificar a protesta e ampliala se cadra con maior convicción e énfase. Temos a certeza de todas as personalidades sumadas daquela a iniciativa, manter a vontade de facelo arestora co mesmo convencemento.

Ao bloqueo criminal contra Cuba, expresado en canalladas mil do Imperio, ameazas, sancións, calumnias e acoso económico-político, súmanse intrigas recentes, patrocinadas pola Casa Branca e o sur da Florida e dirixidas contra a mocidade cubana. A infamia e a imbecilidade non teñen límite e non é xusto que o pobo cubano deba padecer a irracionalidade criminal do imperio norteamericano nin é admisíbel permanecer calados ante a situación desesperante a que é sometida Cuba fronte os problemas inducidos polo bloqueo que derivan noutros multiplicados sen fin.

O plano do imperio é dobregar a Cuba por fame, insalubridade, carencia de recursos enerxéticos, de tecnoloxía base e de bens de consumo e de víveres. É vontade do imperio borrar, a ferro e fouce, o exemplo cubano de humanismo e rebeldía revolucionaria. O plan do imperio é que triunfe o odio dos verdugos contra a dignidade dos rebeldes, asfixiar á economía cubana e provocar sufrimentos que leven ao pobo a se alzar contra o goberno revolucionario.

Se o goberno de Donald Trump emitiu 243 medidas de sanción, o de Joe Biden foi incapaz de modificar o carácter inhumano de tales sancións que recruou nos momentos peores da pandemia do Covid-19 dando mostras da insensibilidade máis arrogante. Washington ignorou con altiveza a condena anual da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que reclama pór fin a este inhumano procedemento.

O Imperio finanza con millóns de dólares, hordas de disidentes, opositores, e críticos que salmodian actuaren en defensa dos dereitos humanos, a liberdade de expresión e o espírito democrático… dende xornais, telexornais e redes sociais para venderen unha mercadoría informativa subornada por vontades criminais. O seu soño é operar no interior de Cuba coreados polos medios do poder financeiro para danar a imaxe da revolución, fundamentar a aplicación do criminal bloqueo e xustificar toda caste de intervencións. Illar Cuba, para convertela no escenario dun crime perfecto.

Fomentan desobediencia civil, revolta e o caos con suborno de millóns de dólares para promocionar subversión poderen mudar o actual sistema político por outro que responda en exclusiva aos seus intereses. Estorban  a Washington os inmensos logros da revolución en materia científica que, entre outros, lograrán que en breve Cuba sexa o primeiro país do mundo con toda a súa poboación vacinada contra a Covid-19, e con vacinas propias. Aínda que Washington fixo até o imposible para impedir que Cuba non puidese adquirir nin xiringas para aplicalas. Nós non podemos permanecer calados ante este cerco infernal contra Cuba.

No interior do país, individuos que contan co apoio e amparo do goberno dos EUA, pretextando combater a difícil situación económica causada polo bloqueo (situación aumentada polo Covid, coma no resto do mundo) encirran ao pobo contra o goberno con desprezo da Lei que defende o sistema político vixente e impide especialmente atentar contra a legalidade vixente por conta e beneficio dunha potencia estranxeira.

Alzamos de novo a nosa protesta e reclamamos aos EUA o fin do inhumano bloqueo contra Cuba e o cese das súas tentativas de alterar a orde nunha nación que en ningún momento atentara contra a seguridade e os asuntos internos do seu veciño do Norte, malia os múltiples e graves problemas sociais internos que ten esta potencia mundial.

Ratificamos o noso amor por Cuba e a admiración polo seu titánico exemplo de resistencia, afouteza e dignidade; que saiba saiba o pobo revolucionario de Cuba que estas liñas expresan o clamor de millóns de irmáns solidarios e a emoción fraterna agradecida polo exemplo solidario de Cuba con todos os pobos irmáns, coma nos casos de Angola,Venezuela ou México, por só mencionar un eixo xeopolítico e histórico de novo xénero no tempo e no espazo.

O noso amor pola Revolución Cubana é inquebrantabel e progresivo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará