“Non será preciso que repita o alto que é meu amor por Cuba e a súa Revolución” (Mikis Theodorakis)

Axencias – Terra Sen Amos

Amigo de Fidel, defensor da Revolución Cubana en toda circunstancia e fundador da asociación de Amizade de Grecia con Cuba, Mikis Theodorakis, ventando a morte, ao cumprir 96, pediu ao Partido Comunista Grego que velase seu recordo como comunista e loitador contra o imperialismo e o capitalismo vesánico aos que consideraba mal do mundo. En defensa de Cuba, do dereito lexítimo do pobo cubano a cumprir seu propio destino, confesou vivir 20 de xuño de 2008 un momento feliz ao recibir, en Atenas, a Distinción pola Cultura Nacional de Cuba. Daquela dixo : “Non será preciso que repita o alto que é meu amor e admiración por Cuba e a súa Revolución, o seu pobo aguerrido e o seu marabilloso líder e benquerido  amigo Fidel Castro».

Fidel e Mikis Theodorakis na Habana, en 1981

Fundara a Asociación Heleno-Cubana de Amizade e Solidariedade e na primeira década deste século presidiu o comité grego que reclamou en todas as instancias internacionais a liberación do Cinco Heroes Antiterroristas Cubanos, inxustamente privados de liberdade mediante sentencia emanada do goberno dos EUA, carente de toda garantía.

En 1981, dirixiu na Praza da Catedral da Habana a interpretación do Canto Xeral, composta por el sobre textos de Pablo Neruda. Esta convocatoria popular foi posibel grazas a formación dunha coral de 150 voces de Grecia e Cuba que completou a estrea, a data denanterior, no teatro Karl Marx.

Naquela altura, Theodorakis declarou á prensa cubana: «Toda música posúe valores, pero é moito máis completa a música que axude a comprendermos a necesidade de loitar pola emancipación humana e a autodeterminación dos pobos”.  O compositor, nado na illa de Xios, recordaba que a súa música “fora sempre a primeira en entrar nas cadeas e a última en saír”. Durante a ditadura fascista dos coroneis que padecera o pobo de Grecia de 1967 a 1974, dérase o caso de mozos condenados a dez anos de cadea só por asubiar melodías de Theodorakis. “No se recorda pagar tanto por unha cántiga”, lembraba o compositor.

De mozo, Theodorakis uniuse á resistencia contra os fascistas italianos e os nazis alemáns, durante a Segunda Guerra Mundial; ao ser capturado, padecera cadea e torturas. Despois da derrota do fascismo estudou en París con Olivier Messiaen, de quen aprendeu a sintonia das grandes formas clásicas coas músicas populares. A súa frecuente aportación ao cine dera éxitos coma o da banda de Zorba o Grego, do chipriota Michael Cacoiannis, Z ou Estado de Sitio, de Costa Gavras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará