Estados Unidos non dá coa razón do seu humillante fracaso en Cuba

Arthur González – Heraldo cubano

É ben coñecida a teima dos Estados Unidos de América por impedir a ferro e fouce o trunfo de Fidel Castro contra o ditador Fulgencio Batista, na véspera do primeiro de xaneiro de 1959, como fica na acta do Consello Nacional de Seguridade de decembro de 1958. Fracasando nesta angueira, os EUA lanzaron unha guerra contra la Revolución con atentados terroristas contra a súa indústria, servicios, centros comerciais e frota mercante.

Fracasando en Girón, EUA lanzou unha guerra de atentados terroristas contra a indústria, servicios, centros comerciais e frota mercante de Cuba.
Fracasando en Girón, EUA lanzou unha guerra de atentados terroristas contra a indústria, servicios, centros comerciais e frota mercante de Cuba.

De porparte, conspiraron para asesinar a Fidel e líderes que puidesen sustituilo, mentres facían uso da presión diplomática para aillar Cuba do resto do chamado “mundo libre”, con campañas de prensa a conta da Axéncia de Información dos Estados Unidos, USIA, ao tempo que preparaban a invasión mercenária por Bahía de Cochinos. Fracasados estes planos, o Consello Nacional de Seguridade dos EUA resolveu mudar no 2014 a súa política para a illa e restablecer relacións diplomáticas, como táctica para luir o socialismo dende dentro, coma fixeran no campo socialista europeo. De pouco valeron os centos de millóns de dólares estragados en novas medidas de desestabilización.

Marzo pasado, Barack Obama chegou a Cuba co seu carisma tentando facer esquecer aos cubanos infamias e crimes cometidos por todas as administracións norteamericanas e procurar cambiar a imaxe dos seu governo. Non cabe atribuirlle éxito.

Cuba probou de novo no Primeiro de Maio o apoio popular a súa Revolución, malia proseguer a guerra económica que desde o 60 declarou Estados Unidos para afogar por fame e penalidades a cubanía e culpar ao sistema socialista por tantas penalidades mediante a guerra psicolóxica. En Cuba o Dia do Traballo é unha festa encabezada polos dirixentes políticos e sindicais onde non hai reclamación de emprego ou melloras salariais; nos paises do chamado “mundo libre”, as marchas de Primeiro de Maio son para esixir empregos e o cesamento das políticas neoliberais que afogan a cada máis aos traballadores e as súas familias, con represión policial algo nunca visto no socialismo Cubano, mália a propaganda en contra. Iso en concreto é o que Estados Unidos non lle perdoa á Revolución Cubana: a súa resisténcia ante o Bloqueo Económico, Comercial e Financeiro máis prolongado e criminal da historia de la humanidade.

Estados Unidos non dá coa razón do seu humillante fracaso, ainda que é doado sabelo. Está nas verbas de José Martí, cando dixo: “Non hai cousa que cautive tanto o ánimo coma unha convicción nobelmente sustentada, honradamente expresada, libre e asisadamente exposta”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *