Nova homenaxe galega a Pedro Trigo no 61 aniversario da xesta de Moncada

Terra Sen Amos-Redacción
Pedro Trigo, heroe viveirés do asalto ao Moncada, foi honrado en Pontevedra no 61 aniversario da xesta que marcou o abrente da Revolución Cubana. Miguel Anxo Fernandez Lores, alcalde de Pontevedra, recibiuno na mañá de sábado 29, xunto con José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba, a funcionaria consular Silvia Maria Iglesias Pérez e directivos da asociación Mar de Lumes, organizadora da homenaxe. Na tarde, Trigo contou en primeira persoa a inciativa e preparativos do Moncada fronte unha plural e concurrida asistencia e no seu relato levou a primeiro plano a independenza e completa austeridade de recursos dos conxurados, axudados a penas con ideas e decisión. Interrogado sobre a disposición revolucionaria das novas xeracións, o Cónsul Xeral citou a Bonifacio Byrne: “A loita de Cuba será eterna mentres dure o imperialismo”.  Foi a segunda homenaxe galega a Pedro Trigo no 61 aniversario do Moncada, depois da festa organizada 26 de xullo na súa honra en Compostela pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. A convocatoria de Pontevedra contóu coa adhesión de organizacións solidarias de toda Galiza.

A cónsul de Cuba Laura Urra e Valentín Alvite, presidente da Francisco Villamil, acompañan a Pedro Trigo (no centro) durante a súa homenaxe en Compostela en xullo.
A cónsul de Cuba Laura Urra e Valentín Alvite, presidente da Francisco Villamil, acompañan a Pedro Trigo (no centro) durante a súa homenaxe en Compostela en xullo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará