Novas experiencias na agricultura cubana

Soberanía Alimentar.

Son numerosas as accións que ven realizando o goberno Cubano para facer fronte ao crecemento da importación de alimentos, tendencia provocada por factores organizativos, malas políticas cara ao sector agrícola, aparte de situacións climáticas adversas.

O 80% dos alimentos que Cuba consumíu nos derradeiros anos foron importados, desembolsando só no 2008, 2,5 millardos de dólares por ese concepto. No ano e medio último transcorrido, o goberno trazou estratexias nas que pretende un ambicioso reordenamento do agro nos que se busca diminuír nos vindeiros 5 anos a metade da compra de arroz e un 30% dos freixóns entre outros propósitos.

Soberanía AlimentarEntrega de terras ociosas, inversións en sementes e tecnoloxías…, son pasos para que este 2009, deba demostrar se este primeiro tramo de proxecto funciona ou non.

Trabállase tamén no incremento de obtención de ovos e carne de porco, amais do éxito na agricultura urbana.

Dende hai 10 anos vense impulsando en Cuba a participación de agricultores na selección de variedades e sementes, na produción de cultivos básicos, coñecida como fitomelloramento. Este fitomelloramento, participativo, coñecido co nome de Programa de Innovación Agropecuaria Local, promove que as variedades e especies sexan seleccionadas e diseminadas polos mesmos agricultores, isto implica a necesidade de revalorizar a experiencia dos campesiñas(os) e integrarse no coñecemento local e científico mediante accións combinadas. Os resultados deste proceso son impresionantes, aumentando significativamente o rendemento en diversos cultivos e incrementándose exponencialmente a diversidade de tipos de cultivo. Por exemplo, no tema do arroz nos que as(os) productoras(os) seleccionan variedades e estiman ao traveso da experimentación nas súas fincas cal son as mellores variedades. Nestes 10 anos incrementáronse os rendementos ata tres veces, e elevárone os tipos de arroz de 3 ou 4 variedades ata 35.

Este proxecto comezou nun núcleo de 25 agricultores en La Palma, Pinar del Río, Batabono e San Antonio de los Baños e agora estase a beneficiar unha cantidade superior aos 50.000 produtores, en Pinar del Río, La Habana, Matanzas, Cienfuegos, Villa Clara, Sancti Spiritus, Camaguey, Las Tinas, Holguin, Granma e tamén en Guantánamo.

Son varios os programas en marcha que coinciden no afán de promover a propagación das mellores prácticas e as análises delas para que cheguen a outros sitios do país.

Cooperativas frutícolas na zona oriental que cultivan varias especies no campo, conseguindo máis variedade na oferta e promovendo posíbeis perdas por continxencias climáticas, pois con este método o resarcimento é mais rápido.

A empresa de cultivos varios La Cuba, en Ciego de Ávila, unhas das provincias que maior cantidade de alimentos aportan nivel nacional, como resultado dun programa de selección concibido polo Instituto Nacional de Investigación (INIVIT), programa clons de boniato, iuca e cabaza, a partir de viveiros creados, tendo en conta non só as seleccións de sementes que mellor se adoptan as condicións do chan, a temperatura promedio e o clima, senón tamén aos criterios dos experimentados agricultores, existindo xa 101 clons de boniato, 20 de iuca e 8 de cabaza, creando as condicións para o cultivo dunha vintena de variedades de malanga e 25 de plátano.

Isto é parte do que pode permitir alcanzar a soberanía alimentaria en Cuba, a partires dos recursos naturais, o emprego do talento local e científico desenvolvido no país. Formas e conceptos dunha alimentación decorosa. Amáis de constituír unha vía alternativa para o desenvolvemento agrícola, o enfoque participativo deste programa contribúe a un importante empoderamento dos agricultores.

Outro dos aspectos a destacar sobre este proceso é “a maneira na que medra a autoestima dos produtoras(os) en terminas de liderazgo da innovación local”. Considerando ademais que teñen capacidade para facer de Cuba unha illa orgánica, sobre as bases agroecolóxicas.

Tema que tocaremos noutro capitulo é a relación agricultura biodinámica e permacultura.

Datos sacados de Noticias Aliadas(servizo informativo sobre América Latina e o caribe).

Artigo de Lucia Horta. Comentario do científico agrícola Humberto Ríos Labrada. Uns dos impulsores de esta iniciativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *