O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

A solidariedade con Cuba rendéu en Vigo homenaxe a José Martí, no cento sesenta aniversario do seu nacemento.

A xuntanza celebrouse ao pé da estatua do Apóstol da independencia de Cuba, obra do escultor cubano René Negrín, nos xardíns de Uxío Montero Ríos.

Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” dixo que forza do pensamento liberador de Martí cobraba trascendencia especial nun pais como Galiza, solidario e partícipe na loita de Cuba pola independenza, a paz e a xustiza.

O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con CubaO Consul Xeral de Cuba, Alejandro Fuentes Hernández, sinalou a importancia do pensamento martiano como legado de ideas para lidar coa crise e fixo memoria das verbas do Apostol da Independencia cando sentenciou que o amor a Patria é o odio invencibel a que a aldraxa e o rencor eterno a quen a ataca.

O representante da República de Cuba invitou a manter o compromiso co pensamiento martiano que nos ensina que “Patria é Humanidade”.

O presidente da “Francisco Villamil” fixo a presentación dun volume que contén 70 poemas escritos por Alejandro Fuentes dende 1961. Alvite Gándara dixo que o libro é un galano da Asociación a Fuentes polo seu traballo no Consulado Xeral de Cuba na Galiza dende 2007.

O mestre gaiteiro Antón Sánchez e o grupo “Os Cuncheiros”, aportaron cesuras de muiñeira, ruada e marcha cerimonial aos diferentes momentos do acto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *