O armistício das FARC reafirma a vocación de paz e xustiza de Cuba

Patricio Montesinos – Cubadebate

A firma na Habana, 24 de agosto, do acordo para pór termo ao delongado conflito colombiano, reafirma a recoñecida vocación de paz, solidariedade e xustiza de Cuba, que cumpre, coa modestia e humildade que a caracterizan, co povo de Colombia. Só do diálogo pode vir o fin da disputa e o retorno da convivéncia. Próbao máis unha vez a Revolución Cubana, nun mundo embafado en guerras e ameazado polo estoupido dunha eventual e moi perigosa conflagración internacional.

O acordo de paz chegou logo de catro anos de afervoadas e complexas negociacións na Habana entre representantes do governo de Colombia e delegados das FARC-EP.
O acordo de paz chegou logo de catro anos de afervoadas e complexas negociacións na Habana entre representantes do governo de Colombia e delegados das FARC-EP.

O acordo para o inicio da paz puido realizarse logo de catro anos de intensas e complexas negociacións na Habana entre delegacións do governo de Colómbia e dos guerrilleiros das FARC-EP, a partir do compromiso de dar remate a máis de 50 anos de guerra. Colombia agradeceu especialmente a Cuba polos inxentes esforzos realizados e a súa hospitalidade, e asemade aos representantes de Noruega, Venezuela e Chile, garantes e acompañantes dos diálogos.

Os cubanos cumpriron coa súa irmá nación colombiana, e tamén co Papa Francisco, quen durante a súa última visita á illa caribeña o pasado ano, agourou que había de converterse no país da unidade e a harmonía a nivel  internacional. Médios diplomáticos recoñeceron o cumprimento da promesa do presidente Raúl Castro no II Cume da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC) celebrado na Habana en xaneiro de 2014, cando declarou Zona de Paz á terra que vai dende sur do Río Bravo deica Patagonia.

Corresponde agora aos colombianos, á CELAC e a outras organizacións de concórdia da nosa  América, do mesmo xeito que ás Nacións Unidas e aos gobernos da rexión, apoiar a posta en vigor do pacto final que acaban de subscribir as autoridades de Bogotá e as FARC-EP, un verdadeiro exemplo para o mundo.

O documento asinado polo governo de Colombia e as FARC-E, de 200 páxinas e seis puntos esenciais, vai ser obxecto dun referendo anunciado de a pouco polo presidente de Colombia, Juan Manuel Santos para o vinder 2 de outubro. Unha consulta popular na que
os habitantes dese país da Patria Grande deberán votar polo SI á paz, endebén haxa formacións políticas de extrema dereita empeñadas en facer do NON a opción gañadora.

Afamados mercaderes da guerra e do narcotráfico en Colombia, coma Álvaro Uribe e a súa clientela, apostan pola continuación  do  conflito,  como fonte de enriquecemento á conta do sangue e do tormento dos seus compatriotas.

Doutra banda, Latinoamérica é escenario na actualidade dunha arremetida da dereita acubillada nos intereses dos máis poderosos e do Imperio do norte e nada interesada en ver o acordo e a estabilidade reinar na Patria Grande.

Esas realidades poden pór en risco a soñada e futura convivéncia en paz da maioría  dos colombianos, que de seguro nas urnas saberán defender a súa razón fronte aos que teiman no recurso das armas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *