O asesor científico de Biocubafarma recorda o éxito da primeira empresa mixta cubano-estadounidense de farmacia

Jason Daponte – Jacksonville

A primeira empresa mixta cubano-estadounidense está a dar pasos decisivos para a comercialización en todo o mundo de produtos anti-canceríxenos creados polo Estado socialista en Biocubafarma, grupo de Industrias biotecnolóxicas e farmacéuticas. O doutor Luis Herrera, asesor científico da bio-farmacéutica cubana, recordou esa brillante anomalía do bloqueo durante a entrevista co expresidente Rafael Correa, que gobernara Ecuador de 2007 a 2017 e mantén na Radio Televisión Rusa (RT) o programa Conversando con Correa. No curso da entrevista, centrada nos sobresaintes resultados do Interferon cubano, específico de preferencia de China para tratar o Coronavirus contra 35 medicamentos de avangarda de todo o mundo, procedentes na súa maioria das poderosas transnacionais da farmacia, Luis Herrera dixo que o produto cubano contra o cancro está na fase II de ensaio nos EUA con moi bons resultados.  A empresa mixta produtora do orixinal fármaco nacera en setembro de 2018 entre Biocubafarma e o centro oncológico Roswell Park dos Estados Unidos, a partir da vacina recombinante ideada e realizada nos laboratorios da Revolución e ensaiada con éxito en Cuba mediante unha terapéutica orixinal. A empresa mixta leva o nome de Innovative Immunotherapy AllianceAlianza Innovadora de Inmunoterapia e ten o seu centro de produción na Zona Especial de Desarrollo de Mariel (ZEDM)

Luis Herrera, asesor de Biocubafarma, durante unha entrevista con Cubadebate en 2015.

Durante a entrevista con Rafael Correa, o asesor de Biocubafarma expresouse con discreción e seguridade sobre os resultados positivos do novo medicamento anticanceríxeno cubano que está a ser ensaiado pola empresa mixta que definiu como “primeiro emprendimento entre a illa de Cuba e o continente do Norte dende os tempos de Colón”.

A reserva razonábel de Luis Herrera sobre o que xa parece un avance capital contra o cancro, non pode deixar de recoñecer o salto atlético da criatividade da Revolución contra un bloqueo imperialista que está a piques de cumprir 62 anos e que define Cuba coma un perigo para o planeta mentres procura mediante o bloqueo financeiro, comercial e político, acompañado dunha marea de información falsa, sublevar a poboación cubana contra o seu propio goberno. Non será posibel esquecer o sinalado protagonismo dos grupos de capital da farmacia no bloqueo de Cuba e Venezuela, tan reservados, doutra parte, coas resonantes contribucións da illa rebelde contra a epidemia do Coronavirus e o cancro terminal.

Entrevista de Luis Herrera con Rafael Correa na RT

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *