O banco holandés ING négase, en nome do Bloqueo, a facer unha transferencia a Cuba de 60.000€

Rebelión.org – Terra Sen Amos

Invocando o Bloqueo, o banco holandés ING négase a facer unha transferencia a Cuba de 60.000€. O diñeiro procede da solidariedade alemana para socorro dos prexudicados polo  furacán Irma. A Asociación de Amizade RFA-Cuba, denuncia dende Colonia o oportunista sometemento da institución financeira neerlandesa ás normas ilegais dos EUA, dirixidas a aillar e empobrecer Cuba, mesmo en circunstancias de emerxéncia humanitária.

Cedendo ás ameazas de EUA, a firma Phillips negárase en 2014 a fornecer repostos das máquinas de diagnóstico axial vendidas a Cuba.

Non é esta a primeira ocasión na que firmas neerlandesas prefiren  volver costas a Cuba antes que desafiar o abuso dos EUA. En 2009 a firma Intervet, de Holanda, fornecía a Cuba unha vacina de inmunización animal mais o goberno norteamericano ameazou a empresa cunha sanción e esta cesou o subministro; en 2014 a Phillips holandesa tamén faltou ao seu compromiso de facilitar repostos para as máquinas de diagnóstico axial computerizado, vendidas a Cuba, por temor a unha sanción de EUA.

No entanto continúan abertas numerosas contas de axuda a Cuba en todo o mundo e o Movimento de Solidariedade  chama a convertir a campaña nun “furacán de solidaridad de categoría cinco”.

A Asociación de Amizade RFA-Cuba ultrapasara a cifra de 60.000€ a pouco de lanzar unha activa campaña para recompoñer as defeitas causadas poe Irma na illa. Un socio desta entidade, querendo ingresar unha doazón na conta da solidaria, recibiu como resposta do banco neerlandés que non podía transferir directa nin indirectamente a Cuba, Irán, Corea do Norte, Sudán e Siria. O banco recusou o recibo e a transferéncia.

RFA-Cuba sinala que a normalización necesaria das relacións entre Cuba e os estados da Unión Europea só será realizábel rematando co Bloqueo que ainda defenden algúns socios da UE. A Asociación chama a resistir o Bloqueo e axudar ao pobo de Cuba, xusto cando  máis precisa da solidariedade por razón dos gravísimos danos causados por Irma

http://www.cubainformacion.tv/index.php/solidaridad-con-cuba/76355-asociacion-de-alemania-recauda-60-mil-euros-y-denuncia-que-banco-ing-bloquea-ayuda-a-cuba-por-huracan

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará