O asedio dos paises sentenciados por Trump, agrava a pandemia, protestan economistas norteamericanos

Sira Alemparte – Terra Sen Amos – Caracas

Na guerra de sancións, multas, roubo de propriedades estatais e interferencias bancárias que a Casa Branca mantén contra China, Cuba, Venezuela, Irán, Siria, Nicaragua, Corea do Norte e Rusia, mais a franxa de Gaza , o gabinete Trump parece celebrar a praga do Coronavirus coma un arma para os seus propósitos imperialistas. A infamia dun  goberno que declara defender a democracia e os dereitos humanos e expresa contento por os paises colocados na súa caprichosa lista de delincuentes padeceren un andacio mortal, ergue a indignación de intelectuais norteamericanos que protestan contra o bloqueo ilegal que limita a capacidade de compra de medicamentos e alimentos para defender aos pobos da enfermidade.

Unha brigada médica cubana chegou Sexta a Caracas para reforzar a dotación contra o Covid-19.

Un grupo de economistas estadounidenses esixiu ao Goberno dos EUA o levantamento urxente de todas as medidas coercitivas unilaterais impostas a países como Venezuela, Cuba e Irán. Os  asinantes da protesta circulada con carácter de emerxencia por universidades de Nova Inglaterra, claman pola supresión inmediata das sancións unilaterais e contrarias ao dereito internacional aplicadas a gobernos que a Casa Branca chama delincuentes, co obxectivo manifesto de aumentar o número de vítimas. Dean Baker, do  Centro de Investigación Económica e Política (CEPR), protesta contra as medidas de bloqueo a Venezuela, Cuba e Irán e considéraas ilegais en calquera caso mais homicidas nestas circunstancias.

«A política do goberno dos Estados Unidos e unha inmoralidade e un aldraxe contra o dereito dos pobos, pois parece celebrar a extensión do Coronavirus en Venezuela, Cuba e Irán cando é de extrema urxencia axudalos para se defenderen da praga da mellor maneira posibel. É inconcebíbel que permitamos en silenzo que o goberno de Washington alimente o Covid-19” dixo Jefrey Sachs, profesor e director do Centro para Desenvolvemento Sostíbel da Universidade de Columbia. Sachs acrecenta que a única función das medidas coercitivas de Trump contra estas tres nacións é a de “inducir un sufrimento xeneralizado».

O uso do Coronavirus coma arma de guerra do imperialismo, provoca escándalo en todo o mundo. Bill Van Auken escrebe no sitio wsws.org que lonxe de seren solidarios con paises coma Irán, que rexista un morto por Covid-12 cada minuto, os EUA están a intensificar un bloqueo que causa a morte de traballadores e traballadoras. Advirte o autor que no canto de considerar a pandemia coma un mal a bater en todo o planeta, a Casa Branca acólleo con rexouba coma un novo recurso de guerra, e de que outro xeito pode interpretarse que Washington elevara dia 18 de marzal o nivel do bloqueo contra Irán, que está a padecer a pandemia no degrao máis alto.A preguntas da prensa sobre como pode EUA elevar o nivel de tortura sobre un pais enfermo, o ministro de Estado do goberno de Trump dixo “que o assasino é un virus chino, e Irán e cúmplice de China”. Van Auken nota que a mortandade de Irán mal pode chamarse dano colateral do bloqueo dos EUA, porque en todo caso é consecuencia directa das sancións.

O ministro de Estado de Venezuela, Jorge Arreaza, gabou o traballo sobre a pandemia do Coronavirus realizado polo Centro de Investigación Económica y Política (CEPR) e dixo que as sancións son ilegais e criminais xa que causan atrancos e morte no medio da pandemia do Coronavirus que xa afectóu a máis de 200.000 persoas en todo o mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *