“Os once millóns de habitantes de Cuba son prisioneiros do Bloqueo”, di Arnold August en Londres

Prensa Latina – Londres

O escritor canadiano Arnold August pediu a solidariedade do Reino Unido para intensificar a loita contra o bloqueo unilateral imposto por EUA á Cuba hai máis de cinco décadas. “Once millóns de habitantes de Cuba son prisioneiros do Bloqueo estadounidense”, dixo August perante a audiencia reunida no salón Bolívar desta capital, atendendo a convocatoria da Campaña de Solidariedade con Cuba no Reino Unido.

O libro de Arnold August sobre o Bloqueo vendese sobre todo nos Estados Unidos. A versión española editada en Cuba foi un éxito na Feira Internacional do Libro da Habana.

Na súa alocución, dixo que dende a súa chegada ao poder en 2017, o presidente Donald Trump recrudecera a medida que impide ás empresas e cidadáns estadounidenses manter calquera clase de relación económica, financeira, comercial ou turística co país caribeño. A causa do seu compromiiso coa ultradereita cubanoamericana, Trump desarmou todo o que se avanzara no tempo da administración de Barack Obama en materia de relacións bilaterais, explicou August.

A súa beira, a doutora Lauren Collins disertou sobre o sistema democrático vixente en Cuba, e, en particular, falou sobre o procedimento transparente e popular polo que o pobo elixe aos seus representantes nos diferentes niveis do goberno. “En Cuba, o voto non é obrigatorio, calquera pode ser nomeado, e quen resulte electo non recibe remuneración salarial por ese posto, nin sequera se son deputados á Asemblea Nacional (Parlamento)”. Como mostra adicional de democracia, salientou que os representantes teñen a obriga de render conta da súa xestión ante os electores.

Teresita Vicente, embaixadora de Cuba no Reino Unido, agradeceu o apoio dos activistas británicos ao seu país. “A solidariedade política é moi importante, sobre todo para recordarlle ao mundo que o Bloqueo norteamericano segue en pé”, afirmou a diplomática.

No auditorio atopábase Karen Le, parlamentaria do Partido Laborista e actual coordinadora do Grupo Multipartido sobre Cuba no Parlamento británico.

Arnold August é doutor en ciencias políticas pola Universidad McGill, de Montreal —cidade canadina onde nacera en 1944—, e entende, na súa devoción por Cuba resistente, que é preciso desafiar a propaganda dominante no mundo (“a que botan a rodar o imperio e os seus cúmplices”) para entrar na realidade da Revolución e axudar a que sexa cabalmente recoñecida

A súa obra Democracy in Cuba and the 1997-98 Elections [A Democracia en Cuba e as elecciones de 1997-1998] foi publicada na Habana, en 1999 pola Editorial José Martí. Tamén é autor de “Socialism and Elections” [Socialismo e eleccións] capítulo do volume Cuban Socialism in a New Century [Socialismo cubano no novo século], presentado en 2004 pola editorial de la Universidade da Florida, dento da serie Cuba Contemporánea, editado por John Kirk, outro canadiano afervoado defensor do pobo de Cuba.

Democracy in Cuba  apareceu en 2013, editado por Fernwood Publishing e Zed Books de Canadá e Reino Unido, con dereito a circulación nos EUA que é onde está atinxindo as máis altas cifras de venda. August é membro da Asociación de Estudios Latinoamericanos (LASA) con sede nos EUA, da Asociación Canadiense de Estudios Latinoamericanos y del Caribe (ACELC), así como da Cátedra de Investigacións da Universidade de Nottingham sobre Cuba, e da  Rede de Intelectuais, Artistas e Movimentos Sociais en Defensa de la Humanidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará