O Bloqueo provocou o ano pasado perdas de 4.600 millóns de dólares a Cuba

Terra Sen Amos – Redacción

O chanceler de Cuba, Bruno Rodríguez, dixo na sexta, dia 9, durante a presentación do Informe Anual do Bloqueo dos Estados Unidos contra Cuba, que as medidas promulgadas até o momento pola Casa Branca foran de efeito limitado pois o o bloqueo segue a prexudicar o pobo cubano. “Non se ignoran nin se pretenden ocultar erros da nosa responsabilidade, mais non se poden subestimar as consecuéncias do bloqueo, inxusto e excluinte, pexo principal para o noso desenvolvemento”. Rodriguez salientou que ao cabo de 21 meses, case dous anos, dende o anuncio do presidente estadounidense en 17 de decembro, e a pesar doutras declaracións cualificando o bloqueo como obsoleto, Barack Obama recoñecera a pesada carga humanitária da inxeréncia asi como o seu efeito de illamento e de atranco insuperábel. “Non existe sector en Cuba que deixe de padecer as consecuéncias do bloqueo”,  acrecentou.

Xornalistas de vinte paises, seguiron na sala Camilo Cienfuegos do Ministério de Relacións Exteriores (Minrex) as palabras do chanceler cubano. Foto: Ladyrene Pérez/ Cubadebate
Xornalistas de vinte paises, seguiron na sala Camilo Cienfuegos do Ministério de Relacións Exteriores (Minrex) as palabras do chanceler cubano. Foto: Ladyrene Pérez/ Cubadebate

No período comprendido entre abril de 2015 e marzo de 2016, Rodriguez dixo que os danos ocasionados polo bloqueo foron de 4.600 millóns de dólares. Os danos acumulados nas décadas de bloqueo, atinxen 753.688 millóns de dólares, calculados ao prezo do ouro no mercado mundial. A prezos correntes, o seu impacto pode ser cuantificado en 125.873 millóns de dólares. Sendo moito o conseguido en materia de saúde, ciencia e educación, o ministro dixo que se podería ter feito moito máis se o goberno cubano tivese ao seu dispor todo o capital alienado por causa do bloqueo.

O chanceler anunciou que o seu Goberno vai presentar 26 de outubro vindeiro, perante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, a resolución titulada “Necesidade de pór fin ao bloqueo, económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos contra Cuba”. A moción será sometida ao voto da Asemblea Xeral por 25 ano consecutivo. En 2015, 191 de 193 países membros da ONU defenderon a razón de Cuba e só Estados Unidos e Israel votaron en contra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *