O CAPITALISMO DE ESTADO EN CUBA

Nelson P. Valdés – Cubadebate

É obvio que en Cuba existe un capitalismo, case por completo monopolista, de Estado que afronta numerosas dificultades impostas desde o exterior, nomeadamente do governo dos Estados Unidos. Esta descrición non ten a intención de ser pexorativa, é somente descriptiva. O capitalismo de Estado, con todo, é distribuidor do que produce ou xera de produtos e ingresos, aspectos que o diferéncias do capitalismo de Estado típico que so distribúe a ganáncia entre inversionistas privados.gaviotaazcuba

“Lenin coidaba que chegado o caso, poderíase discutir a construción do capitalismo so dirección do proletariado. Para tranquilidade de vostedes, asegúrolles que non temos contemplado semellante opción, non por diferirmos de Lenin, senón por seren as circunstancias diferentes: o noso proceso, que puido contar coa asistencia do campo socialista e da URSS, avanzou moito, conta con forzas abondas e non esta obrigado a tratar a cuestión neses termos” (Fidel Castro, 6 de Agosto de 1995)

“Lenin considera en certa altura a construción do capitalismo baixo a dirección dos traballadores, dun governo de traballadores. Dicía: temos que desenvolver as forzas produtivas ainda que para iso cómpranos construír o capitalismo. Tal era o cerco, as agresións, o illamento e a situación crítica que non lle quedou outra que aceptar semellante desafío; Marx tería levado as mans á cabeza” (Fidel Castro, 24 de agosto de 1998)

“Revolución é sentido do momento histórico; Revolución é cambiar todo o que debe ser cambiado” (Fidel Castro, 1 de maio de 2000)

Os que din estudar Cuba, non lle prestan atención abonda ás institucións e prácticas existentes no país.

A maioría dos estudiosos e reporteiros discuten, escreben e sentenzan dende fóra sobre unha Cuba imaxinaria ou imaxinada. Escreben sobre o futuro e moi pouco sobre o presente real ou o que foi. Non preguntan, por exemplo, por que existen gasoliñeiras CUPET e gasoliñeiras OURO NEGRO. Por que hai dúas no canto dunha empresa para a venda de gasolina? Non preguntan por que hai tantas clases diferentes de taxis: HavanaTaxi, PanaTaxi, etc. Ven todo coma  un Estado de control absoluto e o resto nin o ven, non o sopesan. É máis, nin o perciben.

É obvio que en Cuba existe un capitalismo [case por completo monopolista] de Estado que afronta numerosas dificultades impostas desde o exterior , sobre todo da parte do governo dos Estados Unidos. Esta descrición non ten a intención de ser peyorativa, é soamente descriptiva. O capitalismo de Estado, con todo, é distribuidor do que produce ou xera de produtos e ingresos. Estes aspectos diferénciano do capitalismo de Estado típico que so distribúe o gaño entre inversionistas privados.

No capitalismo de Estado hai corporacións independentes que poden responder a diferentes sectores dentro do propio Estado. O MINFAR, por exemplo, ten empresas entre as que está o Banco Metropolitano, que é distinto do Banco Popular de Ahorro, que non controla. Tamén ten o MINFAR unha liña de hoteis (Gaviota) e granxas propias. Estas granxas demóstrannos a existéncia dunha integración vertical en diferentes cadeas produtivas da illa. Entidades e cadeas estatais pero autónomas unhas doutras, que compiten entre elas.

Existen contradicións en térmos marxistas entre Gaviota e Cubanacan, por exemplo? E dende cando existen estas institucións? Comezaron en 1985. E quen estudou o proceso económico e político de Cuba en base destas condicións? Que é exactamente un grupo empresarial, por exemplo Azcuba?

Os que reclaman a introdución de medidas capitalistas na illa e soñan co mercado, andan nos biosbardos e non saben do que falan. Xa eses elementos existen, pero esa non é toda a realidade. Todo é un anaco máis complicado.

O que xornalistas e numerosos académicos desde o exterior confunden é o capitalismo de corporacións privadas e non entenden que é exactamente algo diferente  do capitalismo de corporacións paraestatais ou estatais. Unha gran diferenza, por suposto é quen se apropia das ganancias e como o fai. As ganancias no capitalismo privado van finalmente a mans privadas; o capitalismo estatal aprópiase das ganancias e distribúe parte delas entre os administradores e de forma individual ou social entre os que traballan na empresa ou fóra dela.  Ambosdous pagan impostos.

En Cuba existiron precedentes desta situación, establecidos polo goberno de Estados Unidos. Por exemplo, a Nicaro Nickel Company era unha corporación estatal do Estado norteamericano. A Nicaro era unha subsidiária en sentido administrativo de Freeport Sulphur Company que á súa vez actuaba por conta da Defense Plant Corporation and Metals Reserve Company, propiedade do Estado norteamericano.

Nelson P. Valdes é Profesor Emérito da Universidade de Nuevo México e director do Cuba-L Project.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará