O cine cubano, cronista de 60 anos de Revolución

Arleen Alentado – Granma

A proxección do documental de Santiago Álvarez La guerra necesaria, abriu o ciclo que comemora o LX Aniversario da Revolución. O ciclo titulado Nuestro Cine, cronista de la Revolución Cubana, comezou no Cine Infanta da Habana o dia 27 e será programado nas principais salas de provincias e do municipio especial. As voces de Raúl, Almeida, Vilma, Haydée, Celia e Faustino Pérez abren os diferentes apartados de La Guerra Necesaria, un dos títulos de referencia do excepcional documentalista.

Cartaz do docuumental de Santiago Álvarez que abre o ciclo “Nuestro Cine, cronista de la Revolución”..

O ciclo continua con Manuela, peza curta de ficción de Humberto Solás que relata a procura da identidade nacional e a xustiza, argumento dominante na súa filmografía.

Historias de la Revolución, primeira longametraxe de ficción producida polo Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos(ICAIC)  sera visionado 29 de decembro. O filme de Tomás Gutierrez Alea, representa tres episodios da loita insurreccional contra Fulgencio Batista, ilustrados por momentos críticos coma a represión contra os combatentes clandestinos na Habana, a guerrilla na Serra Maestra e a toma de Santa Clara.

O programa seguirá en xaneiro con Clandestinos, de Fernando Pérez, estreado hai máis de 30 anos El Joven Rebelde, de Julio García Espinosa, Secuestro en La Habana, de Rebeca Chávez e Aquella larga noche, de Enrique Pineda Barnet. Para a clausura resérsave Cuba 58, longametraxe de ficción de José Miguel García Ascot e Jorge Fraga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará