O CNA RESERVOU A RAUL O LUGAR DE HONRA NO SEPELIO DE MANDELA

Dous diarios de Madrid denigran a pública distinción e homaxe do povo e do goberno de Sudáfrica a Cuba en Joannesburgo. Os dous xornais apoian editorialmente a ocupación de Iraq, o asasinato con avións non tripulados, o bombardeo de Libia e o matadeiro norteamericano en Guantánamo ocupada. Un deles, o ABC, fora afervoado partidario de Mobutu, da intervención mercenaria en Angola e do estado racista do Apartheid. O embaixador de Cuba en Madrid, Eugenio Martínez Enríquez, dixo en senllas cartas feitas públicas onte, que os diarios poden confundir aos leitores pero non ao povo de Africa.

O embaixador recorda que foi Bapela Mbete, Coordenadora Nacional do Congreso Nacional Africano, a que reservou ao presidente de Cuba o quinto lugar (o derradeiro e principal na lista de oradores) para falar a Sudáfrica e ao mundo durante a cerimonia de adeus a Nelson Mandela. “Facéndoo deste xeito -explica Martínez Enríquez- “a señora non dubidou en recordar que correspondía falar ao Presidente dunha pequeña Illa, o país que liberóu a Sudáfrica; o país vencedor na batalla de Cuito Cuanevale”.

Raul presente no sepelio de Mandela
Raul presente no sepelio de Mandela

“Esa frase e a ovación dos sudafricanos, serían abondo para todos os cubanos sentir orgullo da nosa historia e do noso Presidente” -proseguiu o Embaixador para lembrar deseguida este parágrafo do discurso de Raúl Castro: ”Cuba, que leva nas súas veas sangue africano, erguéu na loita pola independenza e na abolición da escravitude e depois tivo o privilexio de combatir e construir á beira das nacións africanas”.

“Mal poden os diarios enganar a Africa e ao mundo que puido ver como brillou o dignatario cubano e toda Cuba en Joannesburgo -acrecentou o representante da República de Cuba quen recorda a El Mundo e ABC o seu esquecemento “da contribución de Cuba, que costóu máis de 2 mil vidas dos meus connacionais (brancos, negros, mestizos por igual) e liberóu por sempre Sudáfrica e o mundo do máis crudel sistema de descriminación racial, denominado Apartheid, só semellante á escravitude praticada durante séculos polas potencias occidentais en varios países coma Cuba, onde apenas foi abolida hai 127 años”.

“No daría tempo para resarcir o maior crime racial da historia -di finalmente o Embaixador- Cuba fixera un enorme esforzo, e Sudáfrica, o seu povo e Mandela asi o recoñeceron”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *