O coñecido disidente Carlos Serpa Maceira, anuncia que é axente cubano

Michael Parmly, xefe da oficina de intereses dos Estados Unidos en Cuba, abraza perante as cámaras a Carlos Serpa Maceira, axente do Estado Cubano que actuaba dentro dos grupos contra-revolucionarios promovidos polo Departamento de Estado norteamericano e embaixadas da UE en Cuba.

A imaxe é de hai un ano, cando Parmly ainda era encargado da oficina da SINA na Habana. Agora, Serpa revela a súa verdadeira personalidade e acusa ao servicio exterior dos Estados Unidos de financiar e organizar a oposición.

O coñecido disidente Carlos Serpa Maceira, anuncia que é axente cubanoMichael Parmly alarmárase cando a publicación de notas de Wikileaks filtradas dende o SINA porque comprometían, ao seu ver, o labor dos axentes do seu departamento e en particular o da disidente e cronista de Internet Yoanni Sánchez, promovida pola legación de intereses norteamericanos.

A saída á luz de Serpa supón unha catástrofe para “As Damas de Blanco” xa que o mesmo que horas antes era cualificado por este grupo de oposición coma voceiro e correlixinario heroico, conta agora na TV todos os detalles da dependencia económica e orgánica das “Damas” co goberno dos Estados Unidos e os terroristas da contra cubana de Miami e Porto Rico.

Igual que o seu antecesor na Habana, James Cason, Parmly promocionaba con entusiasmo contra-revolucionarios que estaban de feito a entregar a súa vida familiar e o seu prestixio persoal por axudar á Revolución.

Na fotografía, Michael Parmly retrátase cheo de orgullo co revolucionario Carlos Serpa Maceira.

Entrevista con Serpa en Juventud Rebelde: Siempre habrá un Emilio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *