O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

Juventud Rebelde /Cubainformación

A Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, requeriu ao Governo español intervir perante o executivo norteamericano en demanda de excarceración inmediata dos Cinco Antiterroristas Cubanos, inocentes presos nas cadeas dos Estados Unidos dende desde 1998.

Promoveu a moción o Grupo Mixto, a instancias do Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana de Catalunya, Izquierda Unida, Iniciativa per Cataluña-Els Verts e o PSOE e os deputados aprobaron unha proposición non de Lei construida sobre o fondo de incontábeis pronunciamentos internacionais a prol de Gerardo, René, Ramón, Antonio e Fernando, e de pedidos de liberación semellantes formulados por governos, parlamentos, instancias públicas de toda clase, asociacións en defensa da xustiza e particulares. Verdadeira fronda documental para o Governo poder interceder perante Washington en demanda de excarceración e para os familiares dos antiterroristas poderen atinxir o dereito de humanidade de visitalos, negado até o de hoxe pola Casa Branca.

O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados UnidosO Congreso dos Deputados asume, despois de aprobar a moción, dirixirse ao Governo de Madrid para “seguir realizando as actuacións necesarias ante as autoridades dos Estados Unidos para os familiares dos Cinco Heroes poderen visitalos, en base a fundamentos de índole humanitaria, nas cadeas”.

Ínstase tamén ao executivo, a transmitir ao Governo dos Estados Unidos a necesidade de atender os pronunciamentos internacionais realizados por organizacións coma Amnistia Internacional e por diferentes países e Parlamentos, entre eles o Parlamento Europeo, así como defensores de dereitos humanos que demandan a liberdade dos Cinco Cubanos Antiterroristas.

Solidariedade en Borinquen
Doutra parte, o Comité de Solidariedade con Cuba en Porto Rico reclamou en carta aberta ao presidente Barack Obama a liberación dos Cinco.

A mensaxe foi publicada co gallo da visita do mandatario estadounidense a capital borincana martes, e nela sulíñase o nulo merecemento dos antiterroristas cubanos para padeceren privazón extrema de liberdade e contacto co mundo “polo feito exclusivo de ter intentado protexer, por medios lexítimos e pacíficos, a integridade territorial do seu país e a seguridade de millóns de compatriotas seus”.

Na carta critican a moral bifronte do Governo dos Estados Unidos, que recusa recoñecer a inxustiza das condeas impostas aos Cinco, «mentres fai todo o posíbel por protexer ao terrorista internacional confeso Luis Posada Carriles.

O Comité recrama ainda a liberdade dos borincanos Oscar López Rivera, Avelino González Claudio e Norberto González Claudio, detidos por loitaren conforme os principios do dereito natural a prol da descolonización e a liberación da súa patria borincana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará