O Consulado de Cuba comemorou en Santiago o “Día de la Cultura” acompañado da amizade Galega

Santiago de Compostela/Terra Sen Amos
Representantes da amizade galego-cubana honraron en Compostela sábado 25 o “Dia de la Cultura Cubana”, instituido polo Governo da Revolución para comemorar o nacimento da Bayamesa, himno nacional de Cuba. A convocatoria foi do Consulado Xeral de Cuba en Galiza.

A Festa da Cultura celebrou en Compostela o nacimento da Bayamesa
A Festa da Cultura celebrou en Compostela o nacimento da Bayamesa

José Antonio Solana, Cónsul Xeral, deu a benvida a Galegos e Cubanos presentes no acto e reparou en Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, no tamén academico Xosé Neira Vilas e no presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, Valentín Alvite Gándara. Alonso Montero editara na Habana en 1973 “16 Poemas Galegos para Ernesto Che Guevara” e Xosé Neira Vilas ven de publicar “Dias de Cuba”, un volume no que conta os seus intensos 31 anos á beira da Revolución e informa sobre o nacimento de trece volumes consagrados a relación entre Galiza e Cuba na arte, na literatura, na política e no traballo. A “Francisco Villamil” celebra en 2014 trinta anos de solidariedade con Cuba.
O Cónsul Xeral de Cuba, acompañado da Cónsul María Laura Urra Fernández, saudou tamén á presenza dunha delegación do BNG e do seu voceiro Xavier Vence; do PCG, representado por Rubén Pérez e Carlos Portomeñe, do PCP-G, Xosé Collazo, e dunha delegación do Governo Autonómico presidida por Ildefonso de la Campa, secretario xeral de Emigración. Tamén asistiu o Cónsul da República Arxentina Roberto Gudiño e Celso López Pazos, presidente da Asemblea Republicana de Vigo.
Cubanas e cubanos residentes en Galiza veñen de constituir unha asociación solidaria coa Revolución a “Haydée Santamaría”, presente no acto a medio de Jamari Llanes Valdés.
O resoar renovador, redencionista, independentista, anti- esclavista, anti-colonial e solidario da “Bayamesa”, marcou o momento alto da xuntanza de Compostela. “Os Pinos” de Eduardo Pondal, cantado pola primeira vez na Habana, deulle solidaria réplica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *