O CUBANO LUIS MATOS E O GUATEMALTECO PERCY ALVARADO, GAÑADORES DO CONCURSO A PROL DOS CINCO HEROES

O xurado formado polos compañeiros Xosé Neira Vilas, Anisia Miranda, Celsa Patiño, María Castro, Ramiro Pérez, Xosé Fariña e Manuel Castro, acorda, por decisión unánime, conceder o premio do concurso convocado polo Comité da Coruña para a liberación dos Cinco Heroes de Cuba, coa colaboración da Asociacion de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, ó Cubano Luís Matos e o guatemalteco Percy Alvarado.

O xurado valorou que as dúas cartas concursantes eran verdadeiras, tiñan sido remitidas as autoridades norteamericanas solicitándolles a liberación dos Cinco, ainda que non fora unha condición imprescindible. Que ambas estaban escritas cun estilo elegante e claro Que ambas pedían con firmeza a liberación dos compañeiros cubanos tras argumentar dende enfoques distintos sobre a inxusticia do caso.

A decisión tomouse despois de ler mais de 60 cartas procedentes de Francia, Venezuela, Cuba e España, e dentro do Estado Español dende lugares coma Madrid, Pais Vasco, Valencia e Galicia.

Os Cinco recibirán esas dúas en representación de todas cos ánimos de tódolos participantes.

O premio entregarase nun acto público, a celebrar na Habana, ós compañeiros Percy e Luís.

A Coruña 8 de outubro de 2007.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará