O deputado Alberto Pazos ofrece axuda do Parlamento Galego ao rapeiro cubano Yotuel, contra o que non se segue causa nin ameaza

Rosa Bentraces –TSA

Alberto Pazos, deputado fraguista no Parlamento Galego,  ven de reclamar alarma preventiva con intervención urxente a prol do rapeiro cubano Yotuel,  para  defendelo dende Galiza de opinións críticas aparecidas na Rede contra o cantante.  É verdade que o rapeiro non ten denunciado  ás autoridades do seu país ningún maltrato nin ameaza en concreto, mais o deputado de Redondela, moito máis informado que a presunta vitima, di que o artista está “acosado, perseguido, amenazado e insultado” polo que ofrece “a nosa solidariedade desde o Parlamento Galego”, un plural que implica a toda a Cámara sen poder o seu universo votante alcanzar se quen demanda auxilio desde o Parlamento fala en Comisión, interpela co permiso do seu grupo ou actúa como voceiro da bancada dos conservadores.

Alberto Pazos, deputado do PP, debería identificar ao causante do delicto que dinque cometen contra o seu protexido o rapeiro cubano Yotuel

Segundo informacións seguras obtidas por Terra Sen  Amos, o rapeiro Yotuel non está detido nin denunciado; non se lle segue causa ningunha e non ten sido obxecto de reconvención, aviso ou recomendación cautelar de parte das autoridades do seu país, o que poderia facer sen dúbida do rapeiro habaneiro a envexa de Pablo Hasél, que vivindo na idílica Unión Europea está na cadea por reclamar xustiza en letras airadas que os xuices do Supremo consideraron pública gabanza de métodos violentos (terrorismo, na cualificación da xustiza) e ainda está na espera doutra sentencia por  se ter manifestado en 2018 diante da Subdelegación do Goberno.  Para información do deputado Pazos e do seu protexido Yotuel,, o rapeiro Hasél está na cadea por facer uso de dous dereitos centrais: o de expresión e o de manifestación.

Para comprendermos de donde son os cantantes coma Yotuel, e a razón de o partido de Alberto Pazos, o PP tan afogado de procesos por sobres de cartos con chantaxe, vivir baixo ameaza de revelacións de delictos que comprometen ao seu mesmo consello de venerábeis, debemos saber que o rapeiro fora invitado antes a unha sesión do Parlamento Europeo pola bancada da dereita, para que volvan os tempos famosos de Aznar nos que o asunto cernal e imperioso da política da UE consistía nunha estratexia emerxente para acabar co goberno lexítimo de Cuba.

Como un Parlamento que representa a 320 millóns de persoas do Norte Rico, dá protagonismo a un ninguén que afirma falar en nome de toda Cuba, non se comprende sen identificar o temor de Miami de quedar aparcado por  unha política de diálogo con Habana, de parte de Biden. O desafío das dereitas ricas de Europa é probar que son máis combativos coa esquerda que as beiras de Le Pen, de Vox, dos neo-musolinianos do Norte, do goberno racista de Budapest e dos fundamentalistas de Varsava. Eis a cara de abraio de Borrel, como se lle aparecese de súpeto un cabalo voador, cando nunha comparecencia indica que o risco do mundo está no goberno de Caracas, ou na independencia sagrada de Cuba que sabe atender a Pandemia mellor que a presidenta Ursula von der Leyen e o seu coro de asesores ben pagos que anda a couces cos bancos secuestradores de vacinas.

Sabían que Yotuel , famoso por decreto de telexornais reaccionarios, dixo no Congreso  de Madrid, tamén invitado polos coroneis de Alberto Pazos, que a súa formación verdadeira en liberdades democráticas procedía dos tribunais luminosos da Coroa, luz de Occidente, xusto no intre de a deusa da xustiza erguer a venda e chiscar un ollo aos carcereiros de Hasél?

O sitio Cubainformación recorda que a fronte dos que reclaman nos EUA arriar o Bloqueo é ben máis importante en número e credibilidade que a aparición tramposa de meter como primeiro da lista dos máis vendidos un sermón de Yotuel co título Patria y Vida, ben doado de entender nungrupo de tanxedores desesperados de non poder levar un mal cooncerto a boca durante a pandemia, e tentados como non, polos rañaceos da acumulación colonial, do anticomunismo e da moral do reparto desigual de vacinas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará