O Encontro Galego Portugués de Solidariedade con Cuba critica a submisión da UE á inxerencia norteamericana

Unha dura crítica da submisión da UE aos ditados do governo norteamericano en relación co bloqueo de Cuba e a esixencia da inmediata liberación dos Cinco Antiterroristas Cubanos presos nos Estados Unidos, foron as principais conclusións do Encontro Galego-Portugués de Solidariedade con Cuba celebrado en Santiago de Compostela o dia 25.

Na asemblea escoitaronse propostas para contrarrestar a difamación informativa dominante sobre a realidade cubana e outras para promover actividades de apoio á Revolución, de fomento da cooperación económica con Cuba e da participación en brigadas solidarias así como outras referentes ao intercambio cultural e o irmanamento entre entidades galegas, portuguesas e cubanas.

O Encontro Galego Portugués de Solidariedade con Cuba critica a submisión da UE á inxerencia norteamericanaPersoas solidarias coa opción soberana de Cuba por un sistema de xustiza e equidade, non fundado na acumulación de capital, no predominio da explotación das rendas do traballo e no belicismo como centro da política internacional do imperialismo, conviron na redación de dous comunidados que resumen as intervencións na Asemblea: un contra a ilegal inxerencia norteamericana en Cuba, establecida en 1960, doce veces condenada pola Asemblea da ONU, e outro a prol da liberación dos Cinco Heroes Cubanos inxustamente detidos nos Estados Unidos.

Na organización do Encontro Galego-Portugués de Solidariedade con Cuba participaron a Asociación Porto Com Cuba e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. A asemblea foi moderada por Gonzalo Duarte e por Valentín Alvite, presidentes da asociación Portuense e Galega que contaron coa participación na mesa de debate dos directivos Pedro Manuel Camilo de Sousa, Ramón Leal e Inhaqui Solla.

Rematada a asemblea, os participantes reuníronse nunha cea de confraternidade á que asistiron os cónsules de Cuba, Dick e Odalys Hernández.

Alvísaras saudaron, no comezo do convívio, o ritmo ben medido do parche e da caixa que daban pé a gaita tumbal de Xurxo Outeiro. Despois, Uxía fixo notar a proximidade de versos e músicas de Zeca Afonso, Manuel Alegre e o Romanceiro Galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará