O furacán Irma avanza sobre Haití e Cuba

Terra Sen Amos – Axencias de Cuba

O furacán Irma renteou o norte do Oriente cubano desde a noite da quinta féria e durante todo a xornada da sexta depois de asolar o NW de Haiti. De feito é o primeiro furacán de forza 5 que toca co seu vórtice terra cubana dende 1932. A abordaxe do ciclón foi por Cayo Romano, norte de Camagüey, mentres Cuba vive en estado de máxima prevención a partir da entrada de Irma para o máis alto da escala de perigosidade e a seguinte confirmación de o ollo do meteoro avanzar para a canle da Bahama con probábel incidencia sobre Habana.

Situación de Irma na mañá de sábado 9, nunha fotografia de satélite reproducida por Cubadebate.

O paso do Irma leva roubado, até sábado 9, máis de 20 vidas nas Antillas Menores. A metade das vítimas son da Illa de San Martiño, nomeada así por Colón en 1943, e dividida polo seu medio entre Franza e Holanda, dous Estados da UE que se laian de non poideren loitar contra a ciclópea forza, cando a realidade da illa é de miseria extrema, en maioria de procedencia dominicana e turismo de cruceiros de luxo dos EUA. A axéncia oficial española EFE anuncia dende mércores que a progresión do furacán é das Antillas Menores para Florida, mais non repara que na súa carreira avanza sobre Porto Rico, Dominicana, Haití e Cuba. EFE concede importancia maior ás mínimas e exclusivas Illas Virxes, dominio turístico dos EUA.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará