O goberno dos EUA paga as protestas en Cuba como fixo sempre

Axencias – Terra Sen Amos

O ministerio de Estado de Cuba ten probas de os EUA finanzar as recentes convocatorias de protesta na illa, o que  considera idéntico á vella tradición de o goberno de Washington: pagar mercenarios para aparentar manifestacións populares contra a Revolución. «A asignación polo Departamento de Estado de até un millón de dólares para a convocatoria e contratación de participantes na subversión contra Cuba é unha flagrante agresión e violación do Dereito Internacional», denunciou domingo o ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla.

Cubadebate interpreta sen palabras a revolta de San Isidro que ten máis entidade nos media do capital que na propia illa.

O ministro asegurou que a ninguén en Cuba poderían parecer novidade as representacións de martirio de persoas compradas por dólares e dixo que contra a artificialidade e comprobado finanzamento exterior das últimas concentracións convocadas na illa, o goberno aplicará a Lei.  «Endexamais os gobernos dos EUA apoiaron ao pobo de Cuba, nomeadamente o de Donald Trump, cando o Centro de Seguridade Nacional CSN foi instrumento de agresión contra Cuba e América Latina», dixo Rodríguez Parrilla

Arestora, o director xeral para Estados Unidos do Ministerio de Relacións Exteriores, Carlos Fernández de Cossío, manifestou que «a descomposición moral da política exterior dos EUA lévaos á práctica delincuencial de comprar por tarifa en dólares as actuacións de protesta ao non haber motivación política, ideolóxica ou ética.

O sitio Cuba Money Project, do xornalista estadounidense Tracey Eaton, divulgou recentemente que o Departamento de Estado de Estados Unidos está a ofrecer até un millón de dólares promover «os dereitos civís, políticos, relixiosos e laborais en Cuba».

No Goberno de Cuba recordan que a Oficina de Democracia, Dereitos Humanos e Traballo do Departamento de Estado dos EUA fixo público de  pouco que está a buscar propostas que decidan a grupos independentes dentro da poboación cubana a sairen en defensa e compromiso dos dereitos civís e políticos na Illa e a denunciaren funcionarios cubanos por violacións de dereitos humanos e corrupción.  

Para Cuba sitiada desde hai máis de 60 anos, a percepción é que os sitiadores son un goberno imperialista con corrupción endémica que  inventa a diario a translación de responsabilidades aos sitiados, de feito un pais pequeño e sen recursos. Amais de interferir os gobernos de todo o mundo en beneficio dos seus intereses económico, o goberno dos EUA viola en casa os dereitos humanos e no medio dunha pandemia que custou a vida a máis de 200.000 persoas, repríme militarmente as protestas e asasin pola cor da pel. Cuba garante aos seus cidadáns dereitos fundamentais que son un soño para moitos dos estadounidenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará